Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Reunións de valoración da 1ª fase do estudo sobre a situación das mulleres do mar na Ría de Arousa

 

Os días 1 e 8 de outubro celebráronse dúas xuntanzas enmarcadas no Estudo sobre a situación das mulleres do mar da Ría de Arousa. Nestes encontros entre mulleres do mar de distintos perfís profesionais (mariscadoras, bateeiras, percebeiras, comercializadoras, conserveiras, etc), puxemos en común a información analizada na primeira fase do estudo, e afondamos dende a propia experiencia das mulleres nos aspectos que maior incidencia teñen no desenvolvemento do seu traballo.

A través de conversas participativas puxéronse de manifesto aspectos de relevancia para as mulleres do sector, como a necesidade de implicar a mais mulleres en espazos de participación, a importancia de presentarse a postos de representación, ou as condicións laborais actuais das mulleres do mar. Así mesmo, propuxéronse accións incidindo na solidariedade e as alianzas entre as propias mulleres.

Por decisión das participantes, convocouse unha nova xuntanza para o día 22 de outubro, na que continuará a posta en común inquedanzas e propostas, antes da presentación pública do Estudo, que terá lugar en novembro.