Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

RIBEIRA DESTINO LITORAL SOSTIBLE: O MAR, UN PATRIMONIO VISIBLE

É coñecido o valor patrimonial da pesca en Ribeira. Ao longo de toda a costa temos vestixios do pasado, presente e futuro deste recurso do que viven gran parte das persoas localizadas nesta zona xeográfica, así coma de toda a industria auxiliar relacionada coa mesma.

Desde a pesca tradicional coas súas artes, pasando polas antigas conserveiras coas súas estruturas aínda erguidas así como os restos dos depósitos de salga, podemos establecer un recorrido ao longo do perímetro do concello integrándoo nun produto de divulgación e turístico.

Por este motivo, o proxecto pretende visibilizar a importancia do mar en Ribeira así como contribuír a unha promoción máis eficaz do patrimonio mariñeiro fomentando unha estratexia turística integrada e desestacionalizada para a zona costeira

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONCELLO DE RIBEIRA
Datos de interese: 
https://www.ribeira.gal/
Perfil empresarial: 
ENTIDADE PÚBLICA
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 3 de agosto de 2021 de bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMP 2014-2020
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
09/12/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
11
Anualidades: 
2021-2022
Data fin de execución: 
30/09/2022
Ámbito de aplicación: 

Ribeira

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
49.803.60
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
43.629.60
Total axuda pública aprobada (€): 
43.629.60
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
37.085,16
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
6.544,44
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O fomento do crecemento económico, a inclusión social, e a creación de emprego e o apoio á empregabilidade e a mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura, incluíndo a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Visibilidade do patrimonio industrial e pesqueiro de Ribeira como destino mariñeiro sostible grazas á creación dunha ruta pola costa a través de paneis.

Estarán localizados no trazado desde Palmeira ata Corrubedo,.

- Potenciar e dar valor á gran riqueza do noso mar permitindo coñecer o amplo patrimonio industrial e pesqueiro; así como as estruturas que aínda existen na actualidade e as artes que se empregan para a pesca e o marisqueo.

- Recoñecemento do patrimonio industrial; así como da pesca tradicional a través das súas artes e das especies capturadas para establecer un percorrido ao longo do perímetro costeiro do concello integrándoo nun novo produto de coñecemento, divulgación e turístico

- Coñecemento da poboación local do patrimonio industrial e marítimo do municipio de Ribeira a través de actividades para escolares e para a poboación en xeral

- Implementación de actividades de turismo mariñeiro na oferta turística para a súa comercialización a través de axencias de turismo receptivo

Principais actividades do proxecto: 

1.1 Creación dunha ruta litoral desde Palmeira hasta Corrubedo coa particularidade de que a través de toda a costa contamos con gran diversidade de artes e aperos de pesca. Localización de paneis informativos seleccionando os puntos onde podemos ver as diferentes artes de pesca e o patrimonio industrial .

Toda a información dos paneis estará a disposición dos usuarios na páxina web de turismo do concello. Tamén xeraranse os códigos QR.

Liña de actuación

 2: promoción e comercialización Accións:

2.1 Visitas guiadas pola ruta litoral de Ribeira como estratexia de ensinanza e aprendizaxe, promoven a formación, interacción e a sensibilización coa dimensión da actividade pesqueira de Ribeira e da contorna. O obxectivo destas visitas é promover valores que involucren ao público no desenvolvemento de habilidades e actitudes responsables coa actividade pesqueira

2. 2 Xornadas informativas e de sensibilización ou educativo tendo ambas un obxectivo común: servir de instrumento pedagóxico é ensalzar e poñer en valor o mar e todo patrimonio que xira arredor del, amosando a riqueza gastronómica e patrimonial de Ribeira e a ría de Arousa.

2.3 A configuración desta ruta contribúe á creación dun novo produto turístico no concello de Ribeira e que pode ser comercializado desde diferente vertentes e, unha delas, podería ser a través de axencias de viaxe de receptivo. O Concello de Ribeira dispón dunha axencia de receptivo que traballa neste eido e mesmo na comarca hai algunha máis.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático

Obxectivo específico da EDLP: 

incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara as actividades turísticas, traballando nunha estratexia integrada na zona costeira e facendo fincapé no turismo mariñeiro

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)