
No seu compromiso coa súa contorna ambiental, cultural e socioeconómico, o Concello da A Illa de Arousa quere fomentar a cultura mariñeira coa creación dunha Ruta da industria conserveira de A Illa de Arousa. A ruta, ten como obxectivo a posta en valor do patrimonio costeiro, os sitios industriais de A Illa de Arousa. Estaríamos falando dun paseo pola arqueoloxía industrial, porque o que se conserva na meirande dos casos son vestixios das antigas fábricas de conservas e salazóns, tamén chamados fabriquíns, así como as súas casas xa que moitas delas están a carón das mesmas. A creación deste paseo industrial, suporía un embelecemento do centro da vila, unha posta en valor das localizacións industriais da illa, que invita a pasear polo centro do pobo, feito que sen lugar a dúbidas favorecería a actividade comercial e hostaleira da Arousa. Este proxecto innovador será o nexo de unión entre dous sectores prioritarios: o marisqueiro / pesqueiro/conserveiro e o sector sociocultural e o turismo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Recuperar e poñer en valor o patrimonio industrial da zona. - Xerar unha actividade social e cultural a través da utilización das novas tecnoloxías. - Mellorar o acceso á información relacionada co mundo do mar en xeral e co mundo das conservas en particular, a través da utilización de dispositivos móbiles.
Reforzo da identidade social e cultural da zona.
- Posta en valor do seu patrimonio
- Potenciarase a cultura mariñeira.
- Identificarase o patrimonio da industria conserveira.
- Recuperarase o patrimonio social, cultural e industrial.
- Ofreceranse novas actividades turísticas en torno ó traballo do mar, ampliando, deste xeito, novos servizos turísticos creando novos empregos, tanto directa como indirectamente.
- Co aumento de turistas incrementaranse as inversións en todo o territorio coa estanza nos servizos hoteleiros, consumo nos servizos de restauración, o que conleva dar a coñecer os nosos produtos procedentes do mar.
- Promoverase o uso de novas tecnoloxías ofrecendo un produto de calidade ós nosos visitantes, obtendo unha desestacionalización do territorio.
- Ofrecerase unha alternativa ós usuarios con necesidades especias para coñecer o mundo das conserveiras e o xerme deste Concello.
Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
Obxectivo específico 4.1.: Preservar e poñer en valor o patrimonio costeiro, para reforzar a identidade da zona costeira co mundo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)