
O proxecto consiste na adquisición dunha embarcación e unha furgoneta co obxectivo de promover e impulsar a protección e conservación dos recursos pesqueiros e naturais da Ría de Arousa a través de actividades inclusivas: rutas de turismo náutico, turismo mariñeiro e submarinismo destinadas a persoas con e sen diversidade funcional.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Potenciar o turismo náutico e mariñeiro na Ría de Arousa a todas as persoas sen depender das súas limitacións físicas, dando especial atención a que coñezan o traballo das persoas que traballan no mar e a calidade do peixe e marisco que recollen, ao tempo que nos axudan a conservar os nosos fondos mariños mediante actividades de educación medioambiental e a retirada de plásticos e lixo, e campañas de limpieza do leito submarino da Ría de Arousa.
- Unna empresa de turismo náutico e centro de mergullo coas súas instalacións e co equipamento adaptado para que podan participar das súas actividades persoas con diversidade funcional.
- Implantar novas rutas de turismo náutico e de turismo mariñeiro polas distintas confrarías da Ría de Arousa e novos puntos de turismo subacuático dentro da Ría de Arousa e no Parque das Illas Atlánticas de Galicia ata agora pouco explotado.
Con este proxecto conseguiremos que todas as persoas con algún tipo de discapacidade teñen acceso a realizar todas as actividades que a nosa empresa ofrece: turismo náutico, turismo mariñeiro e mergullo sen barreiras físicas que llo impidan.
Rutas de turismo náutico pola Ría de Arousa ensinando os illotes e zonas inaccesibles por terra.
Rutas de turismo mariñeiro polas distintas confrarías da ría ensinando Os parques de cultivo, bateas, viveiros de praias e os distintos tipos de marisqueo a pé e a flote, mergullados, etcétera, para o cal contamos con acordos cos mariñeiros dos distintos sectores.
Rutas guiadas polo Parque Nacional das Illas Atlánticas nas illas de Cortegada e Sálvora.
Bautizos, cursos e saídas guiadas de mergullo no porto da ría de Arousa.
Para levar a cabo este proxecto contaremos cunha nova embarcación cun acceso axustable a calquera porto o pantalán para cadeiras de rodas, andadores ou muletas polo costado de babor, e un pescante no lado de estribor, para subir a bordo ás persoas mergulladoras con problemas de mobilidade e discapacidade física amplios e cómodos asentos cubertos con teito ríxido que protexerá do sol, do vento e da choiva permitindo realizar estas actividades durante todo ano. Tamén contaremos cunha furgoneta adaptada e homologada para transporte de ata sete persoas con mobilidade reducida, ou cadeiras de rodas, polo que facilitaremos o transporte ata as zonas de embarque dende as zonas de aparcamento público de autobuses utilitarios.
Será a primeira escola de mergullo en Galicia que terá a disposición da súa clientela equipos especiais para o mergullo en augas frías grazas a equipos estancos deseñados para uso en augas frías. Ademais a gran ventaxa destes traxes é que se adaptan a persoas con discapacidades físicas e polo tanto poder gozar do mergullo nas augas da ría de Arousa todo o ano.
Durante as nosas rutas guiadas facemos moito énfase na educación ambiental e a conservación dos nosos fondos mariños mediante a retirada de plásticos, lixo e restos de artes de pesca abandonados. Ademais realizamos varias campañas de limpeza anual do leito submarino polos distintos lugares da ría de Arousa e no Parque Nacional das Illas Atlánticas arredor de Cortegada e Sálvora.
- OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
- OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
- Obxectivo específico 2.2: Incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara ás actividades turísticas, traballando nunha estratexia integrada na zona costeira e facendo fincapé no turismo mariñeiro.
- Obxectivo específico 4.1: Preservar e poñer en valor o patrimonio costeiro, para reforzar a identidade da zona costeira co mundo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

