xoves, 20 de Xuño de 2019 - 11:06

Dentro das actividades medioambientais da Arousa Sur, un grupo de persoas das Asociacións O Castro e A Xiada en Marcha achegáronse hoxe aos areais do esteiro de Vilanova de Arousa para participar nunha actividade divulgativa na que Marisa explicoulles as dinámicas do traballo das mariscadoras e realizou un pequeno obradoiro para ensinarlles a identificar as distintas especies, os aparellos empregados, como se fai a sementeira e como se realiza a venta en lonxa.

