venres, 15 de Decembro de 2017 - 05:12

O alumnado de sexto de Primaria do colexio Xulio Camba de Vilanova de Arousa tivo hoxe a oportunidade de poñer en práctica a formación que recibiron nas aulas esta mesma semana dentro do programa de educación ambiental “Un futuro sostible para a nosa ría”. A actividade desenvolveuse na praia do Terrón onde as/os escolares recolleron e identificaron os tipos de residuos que chegan ao noso litoral, e reflexionaron sobre as actitudes responsables que lles competen como cidadanía do futuro.
Esta iniciativa do GALP Ría de Arousa vense desenvolvendo en distintos concellos da comarca para posibilitar o achegamento da comunidade escolar a problemáticas como o cambio climático, a conservación do litoral, a biodiversidade, os espazos naturais, etc.

