Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

TALENTO AZUL: ESCAPARATE DE PROXECTOS

 

Na xornada de TALENTO AZUL celebrada no día de onte en Vilagarcía de Arousa e promovida polo GALP Ría de Arousa, déronse a coñecer as oportunidades que ofrece a economía azul e como se pode aplicar no noso territorio.

 

A xornada foi inaugurada pola Directora do Centro Tecnolóxico do Mar, Paloma Rueda Crespo, a Xefa Territorial da Consellería do Mar en Vigo, Sonia Lorenzo Santos e o Presidente do Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro da Ría de Arousa, Juan José Rial Millán

 

A Directora de CETMAR falou sobre programas europeos destinados específicamente aos GALP e programas formativos que se imparten no centro A AIXOLA.

 

O catedrático da USC Manuel Rey presentou alternativas sostibles para o desenvolvemento da acuicultura cos criterios que marca a economía azul.

 

Herminia Domínguez González, presentou varias investigacións que avalan o aproveitamento de compostos mariños para fabricación de produtos de interese alimentario, cosmético e farmacéutico a partir de biomasa vexetal e algas.

 

Tomás de la Calzada, presentou o seu modelo de negocio baseado na revalorización de descartes de peixe e moluscos usando a biotecnoloxía.

 

Sergio Quiroga Rivero, presentou Arenamar, unha area para gatos elaborada a partir de cuncha de mexillón que está revolucionando o mercado.

 

Sara Formoso, fabrica bolsos e complementos a partir de velas de barco descartadas, que nunha grande parte son recollidas precisamente no porto de Vilagarcía.

 

Ana Isabel Lapido, mostrou unha empresa con base na Pobra do Caramiñal, dedicada á construcción de mobiliario a partir de residuos plásticos mariños.

 

Santiago Resúa Nine e Roberto Ozores explicaron a evolución da empresa Ironor SL, que tras percibir axudas do GALP pasou de ter 1 traballador a 25 traballadores desenvolvendo tecnoloxía 4.0 aplicada ao sector pesqueiro e acuícola; e tamén o proxecto de diversificación Natureza na Fonte do Mouro SL, enfocada á construción e xestión de cabanas turísticas.

 

O acto rematou cunha degustación de produtos do mar onde intercambiaron impresións entre os asistentes.

 

IMAXE DO ACTO