
Pódense diferenciar varias partes neste proxecto:
- 5 paneis que van ser colocados en Vilaxoán e que versarán sobre a súa vinculación co mar (a primeira batea, a industria conserveira, a salazón das sardiñas (as revenidas) as artes de pesca utilizadas e unha homenaxe ao pobo de Vilaxoán) e que constituirán a ruta mariñeira en Vilaxoán.
- Un panel que se instalará no centro de Vilagarcía e que será o nexo de unión entre as rutas (os paneis), que agora van ser instalados en Vilaxoán cos que xa están, formando outra ruta, en Carril. Deste xeito, ambas rutas fundiranse formando unha ruta mariñeira por todo o borde marítimo de Vilagarcía, dende Carril a Vilaxoán.
- O embelecemento da Variante Espiritual do Salnés e da Ruta do Padre Sarmiento (que en Vilagarcía coinciden no seu trazado), coa instalación en O Rial (Vilaxoán) dunha silueta en chapa de aceiro, instalada sobre unha rocha na praia das Saíñas. E a colocación dun sinal, no mesmo material que a figura anterior, co lema “Santiago 45 km”, que estará moi preto do albergue de Peregrinos que se vai a poñer en funcionamento en Carril.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O que se pretende é poñer en valor a historia, cultura e tradición de Vilaxoán e, por extensión, de todo Vilagarcía, cuestións que están vinculadas dun xeito fundamental coa Ría de Arousa. Este proxecto incide nesa vinculación dende dous aspectos:
- A ría de Arousa como espazo natural que proporciona un modo de vida propia aos seus habitantes.
- A ría de Arousa como a orixe de todos os camiños, xa que por aquí navegaron os restos do Apóstolo Santiago cara a Compostela. Esta actuación está relacionada co obxectivo específico 4.1 Preservar en poñer en valor o patrimonio costeiro, para reforzar a identidade da zona costeira co mundo mariñeiro.
Que Vilaxoán resulte atractivo para calquera visitante que queira coñecer a cultura e a tradición mariñeira da ría de Arousa. Incrementarase o número de persoas que se acheguen a esta vila para facer esa ruta, guiada polos paneis a instalar e pola visita virtual que poden descargar no seu teléfono móbil. Tamén suporá que o crecente número de peregrinos que camiña pola Variante Espiritual do Salnés faga unha parada na súa viaxe e dedique un tempo a coñecer Vilaxoán. Pero, ademais, esta iniciativa supón poñer en valor todo o litoral de Vilagarcía de Arousa, dende Vilaxoán ata Carril. E con esa finalidade instalarase un panel no casco urbán de Vilagarcía e incluirase unha actuación en Carril.
Na exposición a realizar nos paneis, incidirase continuamente na necesidade de preservar a ría de Arousa nunhas condicións óptimas, sen alterala, para que poida continuar a ser, tamén para xeracións futuras, o seu modo de vida, tanto porque se adiquen á pesca ou ao marisqueo como se o fan dende unha actividade orientada ao turismo ou o lecer.
1) A instalación dos 6 paneis. Cinco falarán sobre a historia, cultura e mundo mariñeiro de Vilaxoán e o sexto, que estará no casco urbán de Vilagarcía, servirá para unir esa ruta en Vilaxoán coa xa creada en Carril, tamén co financiamento do GALP Ría de Arousa.
2) O embelecemento do litoral marítimo de Vilagarcía, con dúas actuacións. A instalación da figura da peregrina da praia das Saíñas e dun sinal de distancia a Santiago, en Carril. Estas dúas actuacións servirán tamén para potenciar, promocionar e reivindicar a Variante Espiritual do Salnés e a Ruta do Frei Martínez Sarmiento.
3) O traballo de creación e deseño do contido dos paneis, que será executado por un profesional.
4) A creación dunha visita virtual, con imaxe de 360 grados, por unha empresa especializada.
5) A difusión da actividade. O técnico ao que se lle encomende o contido dos paneis tamén deseñará un folleto promocional da ruta, que servirá para a promoción da ruta que fará a Concellería de Turismo.
Obxectivo 4. Fomento do benestar e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
Obxectivo 2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación.
Obxectivo 3.Desenvolver medidas que melloren a calidade ambiental da ría de Arousa.
Fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación e a mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura. Diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)