A Asociación de Mulleres do Mar de Arousa está apoiada polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa dentro das actividades que o Grupo veu desenvolvendo no anterior período do Fondo Europeo de Pesca, co fin de promover a igualdade de oportunidades e reforzar o empoderamento das mulleres do mar, destacando o seu importante peso na economía pesqueira e no entorno social. No actual período de programación de fondos do FEMP, este aspecto segue a ser prioritario na estratexia do GALP. A asociación ten un carácter plenamente aberto. Calquera persoa física ou xurídica, esta última formada por algunha muller, con ou sen ánimo de lucro, poderá participar coma socia da mesma. O único requisito que se pide é que as socias teñan domicilio social, vivan ou traballen na zona da Ría de Arousa (concellos que comprende o GALP). O principal fin da asociación será o de defender os intereses das mulleres vinculadas ao mundo do mar, reforzando o seu empoderamento e visibilidade.
VÍDEO Mulleres do Mar de Arousa
xoves, 14 de Decembro de 2017 - 11:12

