Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Vilagarcía participa nas xornadas de sensibilización ambiental do GALP 5

 

No CEIP Arealonga de Vilagarcía de Arousa tamén tiveron a oportunidade de compartir unha xornada de sensibilización ambiental. Despois da sesión na aula, onte foi o momento de poñer en práctica os coñecementos adquiridos na praia da Concha-Compostela, onde 54 nenas e nenos de 2º de primaria participaron nunha recollida e clasificación de residuos que se prolongou toda a mañá.