Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Visita cultural ao arquipélago de Sálvora

 

O Grupo de Acción Local de Pesca da Ría de Arousa continúa coas actividades de difusión e sensibilización arredor do patrimonio natural, industrial e histórico do territorio. Nesta ocasión, organizouse unha visita cultural ao arquipélago de Sálvora, dentro do Parque Nacional Illas Atlánticas, á que asistiron 107 persoas, entre as que se atopaba un grupo da Asociación AMBAR que agrupa a persoas con diversidade funcional. A historia desta illa, a súa relevancia medioambiental, o seu papel dentro do Parque Nacional e a sensibilidade que require a súa visita, foron alguns dos temas que se trataron durante a actividade.