Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Visita da Asociación Xiada á Illa de Cortegada

 

Esta fin de semana as actividades medioambientales programadas na Arousa Sur continuán cunha visita da Asociación Xiada á Illa de Cortegada. O grupo realizou unha pequena ruta por un dos sendeiros existentes. O obxectivo principal desta actividade é descubrir a contorna natural do arquipélago de Cortegada como un lugar de gran riqueza biolóxica e abundantes recursos (explotación marisqueira), observando a natureza e procurando alterala o menos posible.