Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Visitas abertas a Cortegada dentro do programa medioambiental do Galp Ría de Arousa

 

Un novo grupo de persoas con residencia en Vilagarcía e Madrid visitou este venres a illa de Cortegada dentro das actividades do programa de sensibilización medioambiental que o Galp Ría de Arousa está organizando no territorio e que está abertas á participación da cidadanía.

Como en anteriores ocasións, a actividade tiña como obxectivo a sensibilización destas familias para que integren pautas de coidado medioambiental nas súas saídas a contornas naturais.