
Estimadas e estimados,
Dende o Grupo de Acción Local do sector pesqueiro Ría de Arousa (GALP), convidámosvos a asistir a unha nova xornada enmarcada no proxecto de dinamización e igualdade das mulleres do mar.
Xornada: As mulleres nos traballos no mar: dereitos do traballo e Réxime do mar Os dereitos do traballo dende a perspectiva de xénero
Data: 22 de setembro de 2020
Hora: 18:30h
Lugar: Auditorio de Vilagarcía de Arousa
O programa da sesión será o seguinte:
Hora
18:30 Presentación da sesión. Rosa Carballo, Maria José Vales. Grupo de acción local do sector pesqueiro
19:00 As mulleres nos traballos no mar: dereitos do traballo dende a perspectiva de xénero Emma Rodríguez Rodríguez. Universidade de Vigo
19.30 As mulleres nos traballos no mar: aspectos técnicos dos dereitos laborais Maria del Mar Busto Barreiro. Asemar S.L.
20:00 As mulleres toman a palabra: rolda de preguntas
20:30 Final da sesión
O convite é aberto a todas as persoas interesadas no tema, pero pregamos confirmar asistencia no correo electrónico dinamizacionmulleresarousa@gmail.com ou no teléfono 627096062.
Para asistir é preciso o uso de máscara, no espazo cumpriremos as distancias de seguridade e contaremos con xel hidroalcohólico.
Asi mesmo, agradecemos a difusión do evento entre quen consideredes que poida ter interese na saúde laboral das mulleres do mar.

