Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada de Dinamización da Estratexia do GALP Ría de Arousa

 

Co obxectivo de ofrecer apoio e orientación na prepración dos proxectos que se van presentar á nova convocatoria de axudas, o Galp Ría de Arousa convoca a xornada técnica “COMO PREPARAR A CANDIDATURA DUN PROXECTO Á CONVOCATORIA DE AXUDAS DOS GALP 2019”, que terá lugar o vindeiro martes, 19 de febreiro, ás 17:30 horas na Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa (Avda. Doctor Tourón 46, 36.600 - Vilagarcía de Arousa).

Ao tratarse dunha xornada técnica, rogamos a asistencia daquelas persoas que van realizar a tramitación do proxecto (asistencias técnicas, consultoras, asesorías…). Prégase confirmación no teléfono 986 510 953 ou na dirección de correo electrónico gac5@accioncosteira.es