Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

XORNADA DE DINAMIZACIÓN DA ESTRATEXIA DO GALP RÍA DE AROUSA - VILAGARCÍA DE AROUSA 23 FEBREIRO

XORNADA DE DINAMIZACIÓN DA ESTRATEXIA DO GALP RÍA DE AROUSA - VILAGARCÍA DE AROUSA 23 FEBREIRO

XORNADAS DE DINAMIZACIÓN DA ESTRATEXIA DO GALP RIA DE AROUSA

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa levará a cabo as “Xornadas de dinamización da estratexia do GALP Ría de Arousa_ 2017” co obxectivo de DIFUNDIR A ESTRATEXIA DO GALP nos Concellos da Ría de Arousa en relación coas axudas Cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar.

O GALP RÍA DE AROUSA está a traballar dende hai anos, 2014_2020, nunha estratexia orientada ao desenvolvemento sostible do territorio, fomentando a colaboración entre o conxunto de sectores e axentes que dinamizan a economía social.

Esta xornada, por un lado, ten por obxecto facilitar información e resolver dúbidas a aquelas persoas e entidades interesadas en solicitar financiación para desenvolver calquera tipo de proxectos que sirvan para dinamizar de maneira sostible a zona de influencia do GALP Ría de Arousa.

Por outro lado, este encontro permitirá mostrar as vantaxes de colaborar dende os sectores sociais cos Grupos de Acción Costeira (GALP), na mellora da empregabilidade, a promoción da igualdade, a sensibilidade medioambiental, a dinamización do asociacionismo....

As xornadas terán lugar no auditorio municipal dos concellos de Riveira e Vilagarcía de Arousa os días 22 e 23 de febreiro, respectivamente (de 18:00 a 21:00 horas). Ao finalizar cada sesión convidarase a tódolos asistentes a unha degustación de produtos do mar.

Nos próximos días, enviarase a invitación formal a estes actos. Para calquera información ou dúbida sobre a convocatoria, poden contactar co Grupo Arestora 881.987.813 ou no correo comunicacion@grupoarestora.com

Estamos seguros de que estas xornadas serán de grande utilidade para a mellora da súa entidade.