
O próximo venres 4 de maio, dentro do Proxecto Mar das Illas, terá lugar en Vigo unha Xornada sobre Emprendemento no ámbito do Turismo Mariñeiro. Mar das Illas é un proxecto de cooperación entre os tres Grupos de acción Local do Sector pesqueiro da provincia de Pontevedra, GALPS. Esta xornada responde á necesidade de informar e amosar ao sector pesqueiro o Proxecto Mar das Illas e os diferentes aspectos vinculados ao desenvolvemento das actividades de turismo mariñeiro: administrativo, fiscal, laboral e turístico; que motiven o emprendemento e a diversificación do sector para un turismo mariñeiro sostible e de calidade, especialmente no ámbito de Galicia.
Presentará a xornada a conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo director do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia, José Antonio Fernández Bouzas, e as persoas que presiden os GALP de Pontevedra, José Antonio Gómez Castro; Ría de Vigo-A Guarda, Juan Manuel Gregorio Vaqueiro; e Ría de Arousa, María José Vales Martínez.
A xornada terá lugar no Salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo (R/ Concepción Arenal 8, Vigo) entre as 9:30 e as 18:00 horas. Hai disponibles 150 prazas dispoñibles e para participar só é necesario inscribirse no seguinte enlace https://goo.gl/gxZCae ou na web www.mardasillas.com. Para calquera outra consulta o contacto é info@mardasillas.com

