Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada de Validación e Presentación da Rede de Navegación Tradicional MARDEVELAS

 

O mércores 9 de outubro celebrouse en Vilanova de Arousa a última reunión coas asociacións de embarcacións tradicionais do territorio para presentar e validar a rede de navegación tradicional dentro da segunda anualidade do proxecto de colaboración MARDEVELAS, financiado polo Galp Ría de Arousa, Galp Ría de Pontevedra, Galp Costa Sostible e Galp Ártabro Sur. Asistiron á reunión socias e socios das seguintes entidades:
  • Asociación Cultural e Deportiva Dorna (Illa de Arousa) 
  • Asociación Calmoseira (Illa de Arousa)  
  • Asociación Cultural e Deportiva de Promoción de Actividades Xuvenís Fasquía (Illa de Arousa)
  • Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais A Torre (Cambados)
  • Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras Gamela (Cabo de Cruz)
  • Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna (Ribeira)
  • Asociación Cultural, Deportiva e Prestadora de Servicios Xuvenís Rompetimóns
  • Clube Mariño Salnés

Durante a xuntanza, as persoas asistentes puideron compartir experiencias con Luis Filipe, de Tejo Convida, un exemplo de preservación do patrimonio marítimo portugués a través do turismo coas súas amadas "canoas do Tejo".