Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada sobre Saúde Laboral das mulleres nas profesións do mar

O GALP Ría de Arousa organiza unha xornada sobre Saúde Laboral das mulleres nas profesións do mar, dentro do proxecto de igualdade e apoderamento das mulleres do mar. A xornada terá lugar o vindeiro martes, 15 de setembro, ás 18:30h, no Centro Social de Escarabote (Rúa Escarabote, 15930, Boiro).

A parte técnica será levada a cabo por unha persoa do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, e un profesional dunha mútua desenvolverá a parte médica. Ao longo da xornada abordaremos boas prácticas para a prevención de enfermidades profesionais e hábitos de traballo saudables. Asi mesmo, trataremos algunhas medidas de seguridade para incorporar en resposta á COVID-19.

O convite é aberto a todas as persoas interesadas no tema, mais pregamos confirmar asistencia no correo electrónico dinamizacionmulleresarousa@gmail.com ou no teléfono 627096062. Para asistir é preciso o uso de máscara, no espazo cumpriremos as distancias de seguridade e contaremos con xel hidroalcohólico. Así mesmo, agradecemos a difusión do evento entre quen consideredes que poida ter interese na saúde laboral das mulleres do mar.

Esperámosvos!