
O proxecto consiste na posta en marcha dunha nova liña de procesamento de luras, que complementará a actividade actual da empresa dedicada ao procesamento e preparación de produtos do mar
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Os principais obxectivos do proxecto son:
- Implementar unha nova liña de procesamento de luras coa introdución de novos procesos de produción máis eficientes que racionalizarán e mellorarán as condicións de traballo, á vez que xerarán menos residuos durante o procesamento da luras
- Diversificar as operacións actuais, ampliando a gama de produtos máis alá do procesamento do polbo. Isto mellorará a competitividade e a capacidade de produción da empresa no sector da transformación.
- Aumentar o valor engadido dos produtos do mar procesados localmente, concretamente da lura gallega. A lura gallega procesarase e prepararase en novos formatos, en consonancia cos patróns de consumo en evolución.
- Mellorar a trazabilidade dos recursos pesqueiros para facilitar a identificación dos produtos locais por parte dos consumidores.
- Consolidar o emprego existente e garantir a súa continuidade nas actividades de procesamento de produtos do mar.
O proxecto acadará os seguintes resultados:
- Mellora da competitividade e viabilidade dunha empresa pesqueira mediante a implantación dunha nova liña de procesamento de lura.
- Mellora da comercialización e procesamento dos produtos pesqueiros locais mediante a diversificación dos produtos procesados da empresa.
- Apoio á consolidación do desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante a implantación de procesos mellorados.
- Maior valor engadido dun recurso pesqueiro local.
- Creación de emprego no sector transformador de Marín.
O proxecto fortalece a industria transformadora local mediante a incorporación dunha nova liña de procesamento de lura, mellorando a rendibilidade económica e aumentando o valor engadido do produto pesqueiro. Ademais, contribúe á consolidación do emprego existente e á modernización da cadea de subministración alimentaria na zona costeira
A lura provén principalmente da lonxa de Marín, e cando a subministración é insuficiente recórrese a outras lonxas de Galicia. Despois, transpórtase ao almacén de Peixoto, no porto de Marín. Unha vez nas nosas instalacións, límpanse, eviscéranse e córtanse en porcións (en dados ou en aneis), pésanse, envásanse e etiquétanse. Despois, gárdase refrixerada ata o seu envío a diferentes mercados, segundo os pedidos.
Para desenvolver esta nova actividade, primeiro debemos poñer en marcha este proxecto de investimento, que inclúe:
1. ADQUISICIÓN E INSTALACIÓN DE MAQUINARIA E EQUIPOS PARA O PROCESAMENTO DA LURA
2. ADAPTACIÓN DO PROCESO PRODUTIVO PARA INCORPORAR A NOVA LIÑA DE PROCESAMENTO.
3. ELABORACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DO NOVO PRODUTO.
Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaría do territorio.
Fomento da certificación e comercialización de productos pesqueiros e acuícolas
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

