Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Creación da taberna e salón de eventos "Airiños do mar"

O proxecto consiste na mellora e adecuación ás tendencias actuais da cafetería dun hotel histórico na zona portuaria de Cangas, reformándoa para convertela nunha taberna mariñeira.

Centrará a súa oferta gastronómica nos produtos do mar, típicos de Galicia. Unha ampla gama dos mellores peixes e mariscos procedentes na súa maioría da zona do Morrazo

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Airiños do mar S.L.
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desen
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
13/09/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2018
Data fin de execución: 
31/10/2018
Ámbito de aplicación: 

Local e comarcal

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
511.915,37 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
423.070,55 €
Total axuda pública aprobada (€): 
124.343,63 €
% Subvención: 
29,4
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
105.692,09 €
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
18.651,54 €
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral do proxecto é converter a cafetería actual nunha taberna mariñeira, sendo un referente de calidade e alto valor engadido, tanto para as persoas residentes como para os visitantes da zona portuaria de Cangas.

Obxectivos específicos:

Ofrecer servizos de cafetería baseados nos recursos endóxenos do mundo mariñeiro, é dicir, unha taberna mariñeira.

Ofrecer unha hospitalidade de categoría superior.

Realizar labor comercial para conseguir novos perfiles de clientes (empresas, clientes de fin de semana fora de tempada, etc.).

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Ampliación dos servizos establecidos no concello de Cangas, que permitan que as mulleres e homes teñan servizos que ata o de agora non dispoñían no Concello e así contribuír a una mellora da súa calidade de vida.

Ofertar servizos de cafetería de alta calidade en base á oferta mariñeira, aproveitando a experiencia e traxectoria do negocio, e contando con persoal especializado.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto consiste na mellora e adecuación ás tendencias actuais da cafetería dun hotel histórico na zona portuaria
de Cangas, reformándoa para convertela nunha taberna mariñeira.
Para iso fai falla acondicionar dúas plantas, As intervencións máis importantes en planta baixa e soto son as seguintes:
PLANTA BAIXA
- Amplíase a recepción en planta baixa, trasladando o salón social a planta soto.
- Mellora da calidade dos acabados interiores e cafetería.
- Ampliación de la zona de recepción para o cumprimento dos requisitos dunha taberna mariñeira. Melloraranse a
imaxe e o funcionamento da recepción mediante unha nova distribución da planta baixa, desprazando os almacéns,
vestiarios e zoas de persoal ó soto.
-Comunícase a planta baixa co soto a través dunha apertura de oco no forxado existente para poder iluminar de forma
natural plántaa soto a través dos ocos de planta baixa. Doutra banda, realízase unha nova comunicación vertical
formada por escaleira e ascensor entre planta baixa e soto.
-Mellóranse os aseos existentes modificando a distribución existente para un mellor funcionamento e cambiando os
acabados e pezas cerámicas.
-Modifícase a distribución da cafetaría existente para acondicionala como un TABERNA MARIÑEIRA. Para dar
servizo ao gastrobar instalarase unha cociña en planta soto que comunicará co obradoiro da cafetaría a través dun
montaplatos.
PLANTA SÓTANO
- Nova localización e centralización dos almacéns do baixo para mellorar a funcionalidade.
- Nova distribución para instalar o salón social, os baños e vestiarios de persoal.
- Trasládase toda a zona de servizos (vestiarios, almacéns) de planta baixa a plántaa soto para mellorar a
funcionalidade do hotel. Amplíanse os almacéns en planta soto para dar un mellor servizo e liberar as plantas do hotel
de almacéns xerais
En canto a recursos humanos, será necesario profesionalizar o servizo, mellorando procesos e resultados. Así,
contratarase a unha traballadora altamente cualificada (formación da Escola de Hostalería de Santiago ou similar)
como ENCARGADA de converter a actual cafetería nunha taberna mariñeira, así como supervisar e “mobilizar” o
negocio. Ademais, formarase ó persoal actual en aspectos relativos á xestión e control, cultura do custo-beneficio ou
capacitación en ventas.
TABERNA AIRIÑOS está destinado a ofrecer unha serie de produtos e servizos dirixidos as mulleres e homes,
reflectíndose isto nos seus prezos, nos valores, na cultura organizativa, creando un vínculo de compromiso social cos
clientes e clientas, cos provedores e co propio persoal. Neste establecemento, o que se pretende é ofrecer asmulleres
e homes un servizo óptimo e económico na localidade de Cangas, para os habitantes do mesmo e dos arredores,
ademais de satisfacer as súas necesidades como cliente. A oferta é variada e comprende, entre outros, os seguintes
produtos:
- Gastrobar mariñeiro
- Pulperia .
- Servizo de Café-Bar.
- Servizo de Taberna
- Comedor.
- Celebracións (aniversarios, bautizos, festas de empresa).
Centrará a súa oferta gastronómica nos produtos do mar, típicos de Galicia. Unha ampla gama dos mellores peixes
e mariscos procedentes na súa maioría da zona do Morrazo, comporá unha completa e suxestiva carta gastronómica

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación local das zonas pesqueiras cara a novas oportunidades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

Obxectivo específico da EDLP: 

2.2. Conseguir a creación de novos produtos e servizos turísticos intersectoriais

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)