Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A conserva artesanal chega a Nebra da mán de dúas emprendedoras

A conserva artesanal chega a Nebra da  mán de dúas emprendedoras

As irmáns Eva González Lojo e Maika Pereira Lojo, que dende pequenas viron na súa casa como seus padres envasaban todo tipo de produtos para garantir a súa conservación, dicidiron levar ese coñecemento familiar ao mercado, ofrecendo unha conserva artesanal que, dende Nebra, pretende legar a todos os rincóns. Onte foi a posta de largo de Sotavento, unha pequena factoría que ten como distintivo o feito de que a materia prima coa que traballa son peixes e mariscos adquiridos a profesionais da zona.

Os produtos envasanse en tarros de cristal porque, como afirman as empresarias, queren que o consumidor teña oportunidade de ver a mercancía. Ademais, os tarros levan etiquetas que constiúen a mellor garantía para os compradores, xa que indican de onde procede o peixe e ten o selo de calidade Km 0 de Mar Galaica, que indica que se trata de artigos da ría.

Financiado polo GALP 4, a empresa Sotavento comenza a funcionar con Eva, Maika e a súa nai, María Lojo Abeijón, quen durante moitos anos traballou nunha conserveira. As emprendedoras contaron no estreo coa presenza da  conselleira do Mar, Rosa Quintana; da directora xeral, Susana Rodríguez, e do alcalde sonense, Luis Oujo.