
A actividade principal da empresa céntrase na compra-venda de peixe fresco, desenvolvéndose fundamentalmente no interior das lonxas, tomando como punto de referencia a lonxa de Portosín (A Coruña).
Para levar a cabo tarefas como o transporte do peixe dende os barcos á lonxa, o almacenamento en caixas no interior, a súa posterior subasta e a carga e descarga en camións, a empresa precisa dispoñer de elementos de transporte interno axeitados. Entre estes destacan as carretillas elevadoras, imprescindibles para garantir a seguridade, axilidade e rendemento nos procesos diarios de manipulación.
Co obxectivo de mellorar a eficiencia operativa e garantir condicións óptimas de seguridade laboral, a empresa propón a incorporación dun novo equipo de transporte interno que se adapte ás características específicas do entorno: espazos reducidos, corredores estreitos e zonas de acceso limitado típicos da lonxa.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O principal obxectivo deste proxecto é incrementar o volume de negocio da empresa mediante a optimización dun proceso esencial para o desenvolvemento da súa actividade: a manipulación e transporte interno do peixe fresco.
A incorporación dunha carretilla elevadora permitirá mover unha maior cantidade de produto nun menor tempo, incrementando así a eficiencia operativa. Este investimento non só reducirá os tempos de carga e descarga, senón que tamén mellorará a seguridade e as condicións laborais do persoal, o que repercutirá directamente nunha maior produtividade e rendemento económico.
En definitiva, trátase dun proxecto orientado á modernización e profesionalización dos procesos loxísticos internos, co obxectivo de dar resposta a unha demanda crecente e mellorar a competitividade da empresa no sector.
O resultado principal que se agarda con este proxecto é un incremento no volume de negocio da empresa, froito da optimización dun proceso clave para o desenvolvemento da actividade diaria.
Compra-venda de peixe fresco desenvolvéndose principalmente esta actividade no interior das lonxas de peixe, tendo como punto de referencia a lonxa de Portosin
Obxectivo Estratéxico 1. Sector da pesca
1.2. Creación de valor engadido a través de novos emprendementos na transformación, distribución e comercialización de produtos do mar.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

