Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ARDORÁN AO VIVO

Adaptar o buque Ardorán para ofrecer servizos de pescaturismo conforme ao Real Decreto 239/2019, que establece condicións de seguridade e habitabilidade para turistas, especialmente na ponte de mando, onde os turistas pasan máis tempo coa atención do patrón.

Durante a xornada de embarque, os turistas conviven coa tripulación, participando nas tarefas e degustando os produtos locais, como a empanada ou peixe á brasa, ofrecidos no propio barco.Ademais, a actividade complétase coa participación de María Jesús, redeira e presidenta da Asociación de Redeiras, que guía unha visita á nave de redeiras para explicar a elaboración dos panos do cerco.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
ARDORÁN PESCA,S.L.
Datos de interese: 
eduportosin@yahoo.es
Perfil empresarial: 
Sociedade Limitada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
16/06/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
13
Anualidades: 
2025-2026
Data fin de execución: 
31/05/2026
Ámbito de aplicación: 

Portosín-Porto do Son

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
83.475,31 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
64.125,31 €
Total axuda pública aprobada (€): 
32.062,66 €
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
22.443,86 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
9.618,80 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
Non
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
O proxecto ten como obxectivo xeral fortalecer a cadea do sector pesqueiro mediante a prestación de servizos complementarios á pesca, fomentando a visibilización e posta en valor do sector e xerando sinerxías co turismo local.
Para conseguilo, preténdese:
Obter ingresos económicos complementarios á actividade pesqueira principal.
Reducir o esforzo pesqueiro.
Poñer en valor a arte do cerco e os produtos "Azul de Portosín".
Visibilizar a importancia das redeiras na actividade pesqueira.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Creación dun produto de turismo mariñeiro profesionalizado coa intención de posicionarse como referente na actividade de pesca-turismo coa arte do cerco. Recoñecemento da Ría de Muros-Noia como un destino destacado neste ámbito, poñendo en valor o peixe azul de Portosín e promovendo o seu consumo. Fomento da colaboración entre os profesionais do mar mediante a creación dunha rede de apoio para xestionar as actividades turísticas, garantindo unha distribución equitativa dos beneficios da diversificación no sector.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto contempla accións para mellorar a seguridade e o confort dos turistas a bordo do buque Ardorán, especialmente na ponte de mando, onde actualmente a circulación e evacuación son dificultosas debido aos estreitos corredores e portas.

As principais actuacións inclúen:

  • Ampliación do corredor e da porta de entrada á ponte de mando, o que implica unha reforma que reducirá o espazo do camarote do patrón.
  • Apertura dunha nova porta de saída na ponte cara ao costado de estribor para facilitar unha evacuación máis segura, implicando tamén modificacións nas instalacións eléctricas.
  • Melloras na habitabilidade interior da ponte mediante a eliminación do mamparo que separa o camarote do patrón, creación de zonas independizadas con cortinas, renovación do piso, colocación de asentos e construción de mobiliario novo (catre, taquilla, caixón de baterías).
  • Outras accións técnicas como o desplazamento de ventiladores, imprimación e pintado.

Estas medidas pretenden adaptar o buque para garantir a seguridade, evacuación e confort dos turistas durante as actividades de pescaturismo.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 2. Economía Azul & Diversificación

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1. Integración do sector da pesca con outros sectores económicos.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)