
Trátase de conseguir unha mellora no prezo de primeira venda do berberecho capturado polos mariscadores de a pé e a flote das catro confrarías da ría de Muros-Noia así como dunha mellora na xestión coa finalidade de acadar a sustentabiliade social, produtiva e económica do conxunto dos bancos marisqueiro titularidade da Confraría de Noia así como de aumentar a promoción do producto referido.
Isto repercutirá directamente tanto nos mariscadores de a pé como nos mariscadorse de a flote xa que incrementará os seus ingresos individuais facendo así empresas pesqueiras e marisqueiras mais competitivas e polo tanto contribuindo á sustentabilidade que se pretende como obxectivo xeral deste proxecto.
Por outra banda, o recurso debe ser sostible para que as empresas e a pesca costeira artesanal teñan viabilidade, algo que este proxecto pretende garantir ao proporcionar ferramentas fundamentais para unha xestión apropiada do mesmo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
1.- Creación dunha marca colectiva que diferencie o berberecho capturado polos/as maricadores/as que anualmente se inclúan dentro do plan de xestión e explotación titularidade da Confraría de Noia, así como a mellora da trazabilidade deste produto.
2.- Mellora do sistema de xestión da explotación dos bancos marisqueiros mediante a ferramenta que contribúa á eficacia dos seguimento científico e da trazabilidade do plan de xestión.
3.- Contribuir á mellora dos prezos mediante campañas de promoción do berberecho coas xornadas anuais de "Exaltación do Berberecho de Noia".
4.- Ampliación a liña de venda mediante a adquisición dunha depuradora de moluscos bivalvos.
1.- Incremento do valor engadido do produto obxecto do proxecto repercutindo este directamente nos produtores de base.
2.- Mellora da trazabilidade contribuíndo á mellora do proxecto VALOBER de identificación xenética.
3.- Reforzo da seguridade alimentaria.
4.- Reforzo na competitividade no mercado.
5.- Incremento da sustentabilidade na xestión pesqueira.
6.- Mellora da calidade da información e do seguimento científico.
7.- Reforza a colaboración na xestión entre os profesionais, comunidade científica e administracións.
8.- Aumenta o compromiso pola sustentabilidade dos pescadores/as e mariscadores/as así como unha maior responsabilidade na xestión e comercialización.
9.- Contribúe a asegurar o relevo xeracional creando riqueza.
1.- Creación dunha marca colectiva do berberecho de Noia.
2.- Campaña de promoción do berberecho de Noia mediante as II xornada de exaltación do berberecho 2017.
3.- Campaña de promoción do berberecho de Noia mediante as III xornadad de exaltación do berberecho 2018.
4.- Ferramenta de xestión sustentable dos bancos marisqueiros medienta a creación dun software de tratamento de datos recollidos polos vixiantes ou persoal designad sobre a información do número real de mariscadores/as de a pé ou a flote que acceden aos bancos marisqueiros así como a cota diaria, horario, especie e zona de producción que serán cruzados cos datos das vendas en lonxa.
5.- Ampliación e instalación dun centro de depuración e venda dos produtos capturados polos mariscadores/as pertencentes ao plan de xestión da confraría de Noia.
6.- Automatización do sistema de etiquetaxe e xestión da depuradora de moluscos.
Obxectivo estratéxico 1: Sector Pesqueiro
1.1.2.4 Comercialización sustentable meidante a mellora da xestión da trazabilidade
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)