
Trátase da diversificación de actividades complementarias con aloxamento da empresa Brigantia Viaxes, pretenden un hotel de ocio de categoría dúas na mesma edificación onde a empresa desenvolve a súa actividada situada no centro de Fisterra, co obxecto de que os hóspedes poidan acceder a un paquete de actividades turísticas cada día. No investimento presentan un tren turístico eléctrico que irá ata o faro de Fisterra, dous vehículos adaptados para minusválidos, segways, un punto de información en Louro, kayaks e bicicletas. O establecemento disporá d edez habitacións.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Diversificar as áreas de negocio Brigantia Viaxes, sempre do mercado turístico, para reforzar a viabilidade e rendibilidade da empresa abranguendo diversos estadios da cadea de valor deste mercado. Partido da súa traxectoria na intermediación turística. Brigantia Viaxes incorpora a prestación directa de servizos, o merchandising de calidade (tenda de artesanía) e modelo de aloxamento que incorpora na súa oferta o lecer turístico.
1. Servizos turísticos de mobilidade e visitas guiadas en paisaxes costeiras.
2. Servizos de lecer na praia de Louro.
3. Aloxamento turístico.
4. Tenda de artesanía
Actividade 1: Proxecto
Conxunto de estudos e traballos previos para garantir a eficiencia do investimento.
Actividade 2: Servizos turísticos
Selección e adquisición dos equipamentos que permitirán a prestación de servizos. Trátase de servizos que pretenden explotar o patrimonio paisaxístico, cultural e natural ligad á costa e á tradición mariñeira de Fisterra e á súa contorna.
Actividade 3: Obra de rehabilitación
Adquisición de edificio e realización da obra que o converterá en aloxamento e centro de servizos turísticos, que ten como atractivo estar situado nunha das vilas máis representativas da cultura mariñeira da costa de Galicia.
Actividade 4: Promoción
Elaboración de contidos e soportes para a promoción e venda.
2. Diversificación Económica
2.4 Potenciar a ofertar turística de calidade xeradora de emprego
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)