
O proxecto presentado consiste na rehabilitación dun edificio histórico ubicado en Corcubión, propoñendo a partir de varias liñas de negocio: Hotel, cafetería-restaurante, centro de interpretación, tenda e organización de actividades de turismo náutico.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
1. Dotar á zona dunha oferta experiencial e de calidade relacionada coa historia, o mar e a cultura de Corcubión, a través dun espazo único e singular.
2. Crecemento económico e do emprego na zona a través da mellora da competitividade.
3. Creanr un modelo de negocio diferenciado na zona, especialmente proclive ao establecemento de sinerxías e á creación de paquetes turísticos con outros negocios (especialmente restauración e actividades de turismo. mariñeiro).
Permite crear emprego asociado ao negocio, incluíndo a presenza de mulleres: 2 dos 4 postos previstos, corresponden a mulleres.
Permite crear unha variada diversificación de actividades: aloxamento en formato de hotel de dúas estrelas, cafetería, centro de interpretación "Unha inmersión no mar do século XIX, actividade de mergullo e pequeno córner de tenda. En conxuto porase de releve a vida no Corcubión do século XIX e primeiro trcio do século XX, cunha especial vinculación ao mar.
Permite xerar compatibilidades e sinerxias con establecementos de restauración e gastronomía que traballen o produto derivado da pesca costeira artesanal, o cal se pon en valor.
Igualmente permite entablar sinerxias coa promoción turística de Corcubión como conxunto histórico-artístico (BIC), dado que moitas das construcións emblemáticas a vila datan daquela época. Pensamos que esta interacción xeraría beneficio mutuo a nivel de visibilidade e promoción turística.
Permite tamén crear experiencias integrables en proxectos abandeirados pro entidades privadas e/ou públicas (ex. a Ruta dos Naufraxios)
O proxecto consistirá en cinco actividades de diversificació e unidades de negocio:
1. Hotel de dúas estrelas: será un hotel con encanto e contará con 10 habitacións dobres equipadas ao máximo nivel e recreadas na época burguesa do século XIX onde a estética francesa e inglesa predominaban.
2.- Cafetaría-restaurante: disporá dun pequeno comedor con capacidade reducida e o posicionamento da cafetería será como café-bar tipo inglés, o que se coñece hoxe en día coma pub irlandés.
3.- Centro de interpretación: o propio inmoble será un centro de interpretación en si mesmo, e a información estará disposta ao longo do local, que será visible a través de paneis didácticos con imaxes fotográficas e pantallas para a exposición multimedia e códigos QR. A información versará sobre os naufraxios de na Ría de Corcubión, especialmente dos séculos XIX e a primeira parte do XX, inclurirá información sobre os sucesos, o buque que tivo o accidente, así como noticias da época que informaran do suceso e /ou curiosidades; e sobre os corsarios galegos do XIX, aquí a información ilustrará respecto á patente de corso, a actividade destos corsarios, anédoctas e curiosidades.
4.- Actividade de mergullo: sendo o mar o punto de referencia temático, o mergullo será unha actividade que aporte coherencia á mesma, como actividade completementaria, na que se realizarán bautismos de mergullo e inmersións-visita a pecios
5.- Tenda: trátase unha actividade complementaria, tenda un formato córner e estará instalada no bloque de recepción. Realizarase a exposició e venda de merchandising asociado tanto á época histórica como á temática do mar; e exposición é venda de producto eno gastronómico.
Obxectivo Estratéxico 2: Diversificación económica.
2.4 Potenciar a creación de oferta turística de calidade xeradora de emprego.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)