
O proxecto consiste na adquisición dun equipo de xeo en escamas que mellore o procesado e comercialización, e tamén incorporar un equipo informático e software para mellorar o sistema de xestión e trazabilidade.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O presente proxecto de inversión promóvese co obxectivo xeral de realizar unha notable mellora da elaboración, conservación e comercialización dos peixes frescos que Procesados Pesqueros Portosín, SL desenvolve no seu centro de elaboración e comercialización situado no porto pesqueiro de Portosín.
A execución deste proxecto permitirá a esta empresa transformar e comercializar os produtos da pesca en fresco a través dunha xestión máis eficiente dos recursos e do incremento do valor engadido, contribuíndo ao crecemento económico da zona pesqueira do territorio co fomento da empragabilidade dentro do sector pesqueiro.
A entidade promotora poderá obter os seguintes resultados:
-Maior calidade e seguridade alimentaria do produto pesqueiro elaborado en fresco, coa dispoñibilidade nas súas instalacións do imprescindible xedo en escamas, que permitirá mellorar o control e a seguridade alimentaria durante a expedición e distribución do peixe azul, mellorando a conservacións das propiedades e a súa presentación. Dando un mellor trato ao produto e conservando todas as súas propiedades organoléticas.
-Mellora da trazabilidade dos produtos da pesca, o que permitirá adaptarse a todos os requisitos impostos pola normativa vixente mellorando as condicións de traballo e seguridade e calidade alimentaria dos produtos elaborados no centro, que permitirá potenciar e diferenciar a identidade do produto local.
-Proceso produtivo máis eficiente e sostible, a optimización do suministro de xeo en escamas e a mellora da trazabilidade e xestión do proceso, permitirá un maior control e seguridade durante a elaboración, conservación e comercialización do peixe azul cun menor impacto mediomabiental, tanto polos novos equipos con innovacións tecnolóxicas e de maior eficiencia enerxética, como por un menos consumo de recursos (carburante e suministro externo de xeo). Ademáis dun importante aforro económico, esta situación mellorará a operatividade, eficiencia e sostebilidade na cadea de frío da produción.
-Mellora da competitividade e economía desta industria transformadora dos produtos pesqueiros locais, contribuíndo á creación e mantemento do nivel de emprego actual, favorecendo a competitividade e viabilididade das profesións do mar dentro do sector da pesca costeira artesanal do territorio do GALP4
Co obxectivo de mellorar a seguridade e a trazabilidade dos produtos pesqueiros do territorio, preténdese optimizar o centro de transformación e comercialización implantando novos e mellores procesos produtivos:
-Adquisición dun equipo de xeo en escamas, de nova e avanzada tecnoloxía e eficiencia enerxética. Para un correcto e bo funcionamento, o centro de elaboración e comercialización de peixe, precisa de xeo en escamas, para protexer e manter o peixe elaboradao para que chegue en óptimas condicións de frescura aos distintos mercados. Este equipo xerador de xeo permitirá un autosuministro de xeo para a conservación do peixe, que á vez aporta unha mellora na eficiencia enerxética con menor impacto medioambiental do proceso produtivo e un importante aforro económico ao elimintar a contratación do transporte externo.
-Un novo e mellor sistema de xestión e de trazabilidade da actividade que nos permitirá ofrecer aos mercados un produto con maior control e seguridade alimentaria, permitindo un mellorado control do proceso produtivo, tanto a nivel de seguridade alimentaria como de organización interna, a efectos de garantizar un óptimo rexistro do proceso e unha mellorada identificación do mesmo. Isto redundará unha mellor trazabilidade do peixe capturado polos buques pesqueiros da localidade "Azul de Portosín", o que incrementará o valor engadido do peixe azul.
Obxectivo 1. Sector Pesqueiro
1.1.12. Apoio ás iniciativas de procesado e transformación de produtos pesqueiros, preferentemente dos da pesca costeira artesanal
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)