Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

OPTIMIZACION DE PROCESOS MEDIANTE A AUTOMATIZACIÓN EFICIENTE NA ELABORACIÓN DE PEIXE E CONSERVAS

A empresa Provisión Productos Pesqueros S.L.U. desenvolve un proxecto para optimizar os procesos de elaboración de pescados e conservas mediante a implantación de automatización eficiente, co obxectivo de aumentar o valor engadido dos seus produtos e incrementar a capacidade produtiva.

Comercializaranse pescados frescos e conxelados baixo as marcas "Azul de Portosín" e "Pescaderías", así como conservas gourmet SOTAVENTO.

Para iso, adquirirán novos equipos:

  • Unha pechadora de botes de vidro para conservas gourmet, que substitúe o peche manual.
  • Unha liña móbil de pesado para peixe fresco, que inclúe sistemas automáticos para clasificar, pesar e engadir salmoira, mellorando a eficiencia e aumentando a capacidade de procesamento.
Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
PROVISIÓN PRODUCTOS PESQUEROS S.L
Datos de interese: 
administracion@proporto.es
Perfil empresarial: 
SOCIEDADE LIMITADA
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
16/06/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
18
Anualidades: 
2025-2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

OUTES

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
115.862,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
115.862,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
57.931,00 €
% Subvención: 
50%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
40.551,70 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
17.379,30 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
7
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
0
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Achegar valor aos produtos do mar, grazas á automatización dos procesos e á mellora na seguridade alimentaria e presentación final dos produtos.
  • Xestionar de maneira máis eficiente a produción, reducindo residuos e apostando por un sector pesqueiro máis sostible e en liña co Crecemento Azul.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Incremento do valor do peixe fresco e das conservas.
  • Redución de residuos e mellora da sostibilidade ambiental.
  • Mellora da competitividade do sector pesqueiro galego e mantemento do emprego local.
  • Apoio á flota pesqueira costeira mediante a transformación de produtos de pesca artesanal.
Principais actividades do proxecto: 

Prevese a adquisición e instalación de maquinaria innovadora para mellorar a eficiencia, calidade e capacidade produtiva. Os equipos que se incorporarán son:

  1. Cerradora de botes de vidro con alimentador de tapas (Ref. 1512) da marca MECALSA (MC CRV-130) para a liña de conservas gourmet, que permitirá automatizar o peche de botes, mellorando a operatividade e a presentación do produto final.
  2. Soldadora ME-6005-FDV, para o selado de bolsas de peixe conxelado. Esta máquina, adaptable para traballo en vertical ou horizontal, permite un selado preciso e eficiente, con regulación electrónica e baixo consumo enerxético.
  3. Liña móbil de pesado de peixe fresco, composta por varios equipos en aceiro inoxidable AISI 316:
    • Dosificadora-pesadora de dobre cabezal, con sistemas automatizados para pesaxe, apertura e control.
    • Cinta pulmón para caixas, de 6 metros de lonxitude, con regulación de velocidade.
    • Dosificador automático de caixas de Polex, de funcionamento neumático.
    • Dosificador automático de salmoira regulable, para mellorar o proceso de preparación do peixe.
    • Plataforma móbil para desprazamento da liña de pesado, con rodas de nylon.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 1. Sector da Pesca

Obxectivo específico da EDLP: 

1.4. Dixitalización e modernización para a competitividade no sector da pesca

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)