
O presente proxecto consiste na promoción do proxecto que está a desenvolver o concello e Carnota "Camiños de Andar ao Mar" aprobado polo Galp Costa Sostible na convocatoria de marzo de 2020.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Desenvolvemento de accións de salvagarda do patrimonio marítimo e cultural, que consistirán en reforzar as diversas condicións, materiais ou inmateriais, que son necesarias para a evolución e interpretación continuas do patrimonio cultural inmaterial mariñeiro, así como para a súa transmisión ás xeracións futurar.
Recuperación da memoria das actividades e forma de vivir das persoas ligadas ao mar: as súas expericiencias e historia persoal, que ven a ser a memoria viva que nun futuro próximo perderase, polo que é necesario documentar para que pase a constituír historia no concello de Carnota.
Esta transmisión dos valores tradicionais mariñeiros e patrimonio inmaterial serán desenvoltos a través de mecanismos de difusión e de márketing dixital, así como de identidade visual a efectos de branding online para a difusión na rede do proxecto "Andar ao Mar" financiado ao abeiro das estratexias de desenvolvemento loclar participativo.
O patrimonio cultural inmaterial mariñeiro e tradicional debe de ser pertinente para o concello de Carnota e a súa comunidade, debe recrearse continuamente e transmitirse de xeración en xeración. Córrese o risco de que algúns elementos do patrimonio cultural inmaterial morran ou desaparezan se non se lles axuda, polo que debemos salvagardar o patrimonio cultural inmaterial xa que supón transferir coñecementos, técnicas e significados.
O proxecto "Andar ao Mar" está deseñado como un complemento á oferta turística e os apoio ao investimento turístico para crear riqueza e empregos indirectos, así como dar a coñecer os nosos recursos do patrimonio marítimo cultural e permitir a explotación ordeada do territorio mariño do concello de Carnota a través da práctica do sendeirismo.
As artes de pesca, os roteiros dos mariñeiros, a flora e fauna do concello... narrados coas técnicas de interpretación do patrimonio e apoiados por actividades de educación ambiental buscan influenciar no visistante e conseguir como fin último crear conciencia no mesmo para admiralo, respactalo e coidalo.
Preténdese converter nun programa experiencial, non só a nivel físico, senón implementar contidos guiados dixitais, contidos multimedia baixo unha divisa de estratexia de copywriting, co obxecto dun correcto posicionamento SEO e base de campañas de márketing dixital en RR.SS.
O proxecto "Promoción Camiños de Andar ao Mar" é unha oportunidade de participación dos actores sociais e económicos en Carnota, dentro do ámbito dun espazo enmarcado no medio rural, de xeito que os axentes locais sexan protagonistas dun crecemento integrador que favoreza a cohesión territorial e a creación de emprego na zona.
E así, xa que a promoción na nube do proxecto como as RR.SS., a difusión de newsletter a través de campañas de xestión de leads ou mailings, trasladarán non só a experiencia vivencial da ruta mariñeira, senón da experiencia de turismo inclusivo que constitúe o centro de interpretación "Caseta de Pepe do Cuco", nun espazo inmersivo e de experiencia singular.
A través da difusión de medios dixitais de ámbitos temáticos relacionados coas embarcacións e artes e aparellos de pesca, o encascado das redes, o día a día dos mariñeiros que servirán para salvagardar a memoria dos traballos tradicionais da xente do mar.
As liñas a desenvolver de marketing dixital na Nube e nas RR.SS., permitirán a difusión de boas prácticas de recuperación de antigos sendeiros utilizados polos pescadores para os traslados aos lugares de varado das embarcacións tradiconais, así como da cultura mariñeira.
A posta en funcionamento do proxecto levaría aparellado os seguintes resultados:
a) Posta en valor dos recursos marítimos da área de actuación, a través da difusión na Nube e nas RR.SS.
b) Salvagarda da memoria histórica inmaterial vencellada ás xentes do mar que vai a constituir un legado ás seguintes xeracións.
c) Creación de emprego: unha correcta difusión e posicionamento SEO permitirá que a iniciativa estea presente nas búsquedas dos principais buscadores, e ilo constituirá un imán de atracción que repercutirá no desenvolvemento de novas iniciativas que contribuirán á creación de emprego, sendo especificamente os perfís de monitores ou educadores ambientais os que poidan desenvolver as visitas guiadas.
d) Apoio á diversificación dentro ou fora do sector na pesca comercial, e integrar dentro do proxecto o colectivo mariñeiro e marisqueiro.
e) Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental coa posta en valor dos sendeiros mariñeiros do litoral canotá, así como a salvagarda da cultura marítima tradicional.
f) reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e de gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
As liñas que conforman o proxecto "Marketing dixital Camiños de Andar ao Mar" consiste en:
1.- Marketing dixital e identidade visual:
-Accións de marketing dixital: posicionamento SEO en buscadores e optimización de motores de búsqueda a efectos de mellorar a web na lista de resultados dos principais buscadores de internet.
-Manual de identidade: trátase de crear un Manual de Identidade Visual onde se inclúan todos os elementos gráficos de aplicación de marca, así como a creación do Manual Corporativo.
-Blog corporativo: establecemento dunha vía online para transmitir á comunidade dixital de novas ou situacións de interese sobre as posibilidades do turismo mariñeiro, verde e rural, así como o mundo do mar e as comunidades ligadas a el.
-Guía de interpretación do patrimonio cultural mariñeiro: a través dela ofreceranse técnicas interpretativas e definicións de percorridos tradicionais, que constituirán métodos e ferramentas para interpretar o patrimonio marítimo ntural. A conservación da natureza e outras actividades tradicionais, atendendo á problemática so sector así como, as prácticas, sustentibilidade e turismo responsable, son os obxectivos que se pretenden alcanzar con este proxecto.
-Dossier de prensa: a través deste describiranse os elementos das rutas e as características da experiencia vivencial quese desenvolve no Centro de Interpretación, actuando de sorporte para a difusión a colectivos que poidan ser potenciais usuarios/as de "Andar ao Mar", como exemplo asociacións, colexios e institutos, etc.
-Contido copywriting: todos os cotidos dixitais elaboranse baixo esta estratexia a efectos de SEO final e efectivo grazas a contidos de calidade en base a elementos multimedia de desño gráfico recollidos nun banco de imaxes e fotografías, con especial énfase en imaxes panorámicas e fotografía 360º.
-Os contidos xerados recollerán especialmente as experiencias vivenciais da xente vencellada ao mar, que constitúe un legado inmaterial que debe quedar plasmado antes de que se perda no tempo.
2.- City marketing "Camiños de Andar ao Mar en Carnota"
Evento de promoción do turismo mariñeiro e promoción dos Camiños de Andar ao Mar: queremos cualificar o proxecto como actividade experiencial, na que tes que sentir e vivir coma as xentes do mar, desenvolvéndose como branding vivencial, axustándose a segmentación de usuarios/as que vaian a desfrutar do proxecto.
Crearanse experiencias de marca dixital. complementarias ás fisicas, implementadas a través de contidos guiados de forma interpretativa ou teatralizada, que permitan ter un contacto coa experiencia a través de estratexias de travelling journey.
-Xornadas experiencial: invitarase a potencias beneficiarios de "Andar ao mar" a unha xornada vivencial a través dun Storytelling que permita crear unha atmósfera tradicional e vivencial mediante materiais deseñados especificamente para ilo.
-Material impreso: guía e mapa da ruta.
Para desenvolver as xornadas, distribuirase unha guía e mapa da ruta onde describiranse os elementos patrimoniais, etnográficos, biolóxicos e naturais presentes na ruta "Andar ao Mar".
-Material promocional: dotación infantil ruta "Andar ao Mar".
3.- Equipo multimedia.
Equipo portátil e periféricos multifunción: preciseranse medios dedicados a efectos de soporte, edición e creación de contidos e actualizacións destes nas RR.SS. blog, os newssletter.
Estes medios consistirán nun portátil con 16 Mb Ram, memoria 1Tb SSD e procesador I7. Contarase con periféricos adecuados para as actividades descritas.
4.- Catálogo de vídeo da cultura mariñeira.
Creación dun catálogo de vídeo para a promoción da cultura mariñeira de Carnota, como territorio costeiro e mariñeiro. O obxecto é dispor dunha produción que dea a coñecer a riqueza do patrimonio cultural e natural vinculada ao mar co obxecto de documentación e difusión, ademais de reforzar a comunicación turística, en particular a do proxecto Camiños de Andar ao Mar. Este traballo poderá utilizar recursos (imaxes e gravacións) dos indicados na actividade de Mercadotecnia.
O vídeo debe contribuír, pola súa propia temática, á concienciación sobre os valores que representa a paisaxe cultural.
Tarefas:
-Produción do vídeo. Traballos de documentación e preparación de guións; plan de produción, gravacións.
-Edición do catálogo de vídeos. Os resultado mínimos deben ser: Vídeo sobre a cultura mariñeira de Carnota en galego; edición para a súa difusión en castelán e galego (dobraxe e/ou subtítulos); edición de 3 microvídeos para facilitar a súa difusión en redes dixitais. Un deles terá un carácter eminentemente de promoción turística de Carnota como destino cultural ou dalgún dos seus produtos.
Obxectivo Estratéxico 3: Patrimonio Natural e Cultural
3.2.1. Apoio á rehabilitación e posta en valor de bens materiais e inmateriais do patrimonio cultural costeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)