Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución provisional de concesión de axudas do GALP Costa Sostible 2ª convocatoria 2021

A Xunta Directiva do GALP Seo Fisterra Ría Muros-Noia. Costa Sostible, en reunión celebrada o 6 de outubro en Muros, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na "Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo da Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes para o ano 2021.

 

Resolución provisional da Xunta Directiva da 2ª convocatoria de 2021:

RESOLUCIÓN PROVISIONAL

LISTADO DE PROXECTOS

AVALIACION PROXECTOS

 

Esta proposta da Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da convocatoria de setembro de 2021 é unha resolución provisional que non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto.

Esta proposta está tamén publicada no taboeiro de anuncios das oficinas do GALP Seo Fisterra Ría Muros-Noia. Costa Sostible.

Tal como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de axudas do 3 de agosto de 2021 da Consellería do Mar, outórgase un prazo de alegación contra esta resolución de 5 días hábiles contados dende a súa publicación.