
A Xerente do GALP A Mariña-Ortegal participou no Seminario “CleanAtlantic. La lucha contra la basura marina en el Espacio Atlántico”, que se celebrou onte no Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR, en Vigo, e que estaba organizado polo IEO e o CETMAR, no marco do proxecto CleanAtlantic.
O obxectivo do proxecto Clean Atlantic é a proteción da biodiversidade e os servizos ecosistemicos por medio da mellora das capacidades de prevención, monitorización e eliminación da basoira mariña no Espazo Atántico. Este proxecto contribuirá tamén a concienciar e cambiar a actitude dos actores implicados e a mellora os sistemaas de xestión da vasoira mariña.
O Seminario estivo dividido en dúas Sesións:
Sesión I: Proxecto CleanAtlantic.- despois de levar a cabo unha introdución ao mencionado proxecto (Patricia Pérez, CETMAR), levaronse a cabo relatorios dirixidos por expertos na materia como: novas ferramentas para monitorizar a vasoira mariña (Jesús Gago, IEO), uso de drons e análise de imaxe no estudo da vasoira mariña (Joao Monteiro, ARDITI), monitorización de vasoira mariña de fondo (Josie Russell, CEFAS), modelos e vasoira mariña (Daniel Garaboa, USC), Localización de áreas de acumulación de vasoira mariña en zonas de produción de moluscos (Pedro Montero, INTECMAR) e vasoira mariña e ciencia cidadán (Patricia Quintas, IEO).
Sesión II: Exemplos doutras iniciativas en Galicia.- os relatores participantes detallaron as seguintes iniciativas: Proxecto LitterDrone (Fernando Martín, Universidade de Vigo), A vasoira mariña e o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (José Antonio Fernández Bouzas, Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia), Proxecto Marine Litter Style (José Luís Gómez, CETMAR) e Experiencia do Servizo de Gardacostas de Galicia coa vasoira mariña (Lino Sexto, Gardacostas de Galicia).
Finalmente celebrouse unha mesa redonda coa participación de tódolos relatores e do público asistente, na que se debateron os retos futuros sobre a vasoira mariña:
. A vasoira mariña representa un problema global que afecta aos océanos e costas e ten un impacto nos organismos e ecosistemas mariños que supón un risco para a saúde e seguridade humana e ocasiona contaminación visual e perdas económicas.
. A loita contra a vasoira mariña precisa dun enfoque multidisciplinar a varias escalas territoriais, e precisa involucrar aos principais actores, tanto públicos como privados, así como ás ONGs e á sociedade en xeral.
. A monitorización, rexistro, cartografía e eliminación da vasoira mariña, precisan de aproximacións e metodoloxías armonizadas que sexan froito da coordinación e colaboración entre os distintos actores implicados.
O Seminario foi clausurado pola Secretaria Xeral Técnica da Consellería do Mar, Mª Isabel Concheiro.