Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

XORNADA INFORMATIVA SOBRE O PROGRAMA DE AXUDAS FEMPA 2021-2027 NA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CEDEIRA

O GALP A Mariña-Ortegal organiza unha xornada informativa sobre o programa de axudas FEMPA 2021-2027
 
O vindeiro xoves 16 de outubro ás 13:00 horas, a sede da Confraría de Pescadores de Cedeira será o escenario dunha xornada informativa destinada a presentar os fondos europeos da pesca FEMPA, que abrirán a súa próxima convocatoria no 2026.
 
O encontro está especialmente orientado ás empresas transformadoras e comercializadoras de produtos pesqueiros, co obxectivo de explicar en detalle as liñas de apoio e financiamento que lles resultarán aplicables dentro do marco comunitario.
 
A sesión será dirixida por Rosa Ana González Vizoso, xerente do GALP A Mariña-Ortegal, e por Julio Sánchez, xerente da empresa Imbatia S.L., Asistencia Técnica na execución do Plan de Fortalecemento de Capacidades para Diversificación e Innovación en Entidades do Sector Pesqueiro da Mariña-Ortegal.
 
Durante a xornada abordaranse os principais eixos estratéxicos dos fondos FEMPA, as prioridades de investimento en innovación, sustentabilidade e diversificación, e os criterios de acceso ás axudas para as empresas do territorio. O evento pecharase cunha rolda de rogos e preguntas, aberta á participación do público asistente.
 
Esta iniciativa inscríbese nas accións do GALP A Mariña-Ortegal para reforzar o tecido produtivo pesqueiro e promover o desenvolvemento sostible das zonas costeiras, facilitando o acceso das entidades locais e empresas aos novos instrumentos de financiamento europeo.