Promover o desenvolvemento de actividades de diversificación por parte do sector pesqueiro do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
Promover a pesca artesanal, profesional e o uso sostible dos recursos no ámbito do PNMT das Illas Atlánticas.
Promover unha cultura de traballo en rede, para a promoción de actividades e iniciativas comúns no sector pesqueiro do ámbito do PNMT das Illas Atlánticas.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Obxectivo xeral: Promover o desenvolvemento por parte do sector pesqueiro de actividades de diversificación que permitan visibilizar e garantir a sostenibilidade das súas prácticas no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a través da formación e da regulación de melloras da comercialización de produtos e servizos da pesca no PNMT das Illas Atlánticas de Galicia
Obxectivos específicos:
-
Mellorar o uso do espazo mariño permitindo levar a cabo actividades pesqueiras, de turismo mariñeiro e de pesca – turismo de maneira sostible, respectando os recursos e o medio ambiente a través dunha regulación sectorial de turismo mariñeiro que promova o uso sostible dos recursos no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
-
Promover a pesca artesanal, profesional e sostible no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas a través do establecemento dun código de boas prácticas e da posta en valor do recurso pesqueiro e marisqueiro do ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
-
Capacitar aos profesionais do mar en diferentes materias relacionadas co seu desenvolvemento profesional relacionado coas actividades de turismo mariñeiro e pesca-turismo.
-
Promover unha cultura de traballo en rede, para a promoción de actividades e iniciativas relacionadas con temas comúns ao sector pesqueiro do ámbito das Rías Baixas así como intercambiar boas experiencias en materia de turismo mariñeiro entre os diferentes GALP das Rías Baixas e con outros foráneos que teñen máis experiencia neste tipo de proxectos.
-
Unha regulación sectorial de turismo mariñeiro que promova a pesca – turismo e o turismo mariñeiro sostible no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas garantindo o correcto uso e estado de conservación ambiental e ecolóxico do parque e a súa área de influencia.
-
Un Código de Boas Prácticas para o sector pesqueiro que permita a mellora da sostibilidade garantindo a continuidade dos recursos pesqueiros e marisqueiros no entorno do Parque Nacional das Illas Atlánticas e a súa visibilización a partir do desenvolvemento dun distintivo de procedencia segundo se recolle no PRUX do Parque Nacional.
- Ferramentas para a realización de actividades de turismo mariñeiro nas Rías Baixas polo Sector Pesqueiro facendo fincapé no uso sostible dos recursos.
-
O reforzo da gobernanza e o empoderamento do sector pesqueiro dasRías Baixas a partir da súa participación en programas de formación, que van a mellorar as capacidades dos mariñeiros/as, mariscadoras e outros colectivos relacionados co sector pesqueiro que queiran desenvolver actividades de turismo mariñeiro e pesca-turismo.
-
A elaboración dunha proposta de regulación sectorial para o desenvolvemento de actividades de pesca - turismo e de turismo mariñeiro no ámbito do PNMT das Illas Atlánticas, que incluirá a revisión da normativa estatal e autonómica ao respecto e a revisión de modelos de turismo mariñeiro e pesca turismo desenvolto noutras zonas de Europa.
-
Definición dun Códigode Boas Prácticas para a pesca no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas segundo o PRUX(Plan Rector de Usos e Xestión), que permita o desenvolvemento dun distintivo de procedencia e determine o emprego de artes selectivas.
-
Cursos de formación do turismo mariñeiro e da pesca sostible dirixido ao colectivo do sector marítimo pesqueiro do ámbito dos GALP das Rías Baixas.
-
Divulgación do proxecto e comunicación nos medios e na web e redes sociais da web de proxecto “Mar das Illas Atlánticas” (www.mardas illas.com).
Apoio á diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial, á aprendizaxe permanente e á creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
-
Promover o aproveitamento dos recursos do territorio reforzando a asociación da herdanza do mar coas oportunidades para o turismo, a dinamización da actividade económica, e a cohesión social e territorial.
-
Fomento da conciencia ecolóxica e do aproveitamento sostible do patrimonio ambiental das zonas costeiras para as xeracións actuais e futuras.
-
Protexer o patrimonio cultural, mellorando a súa identificación e documentación e poñendo en valor os recursos identificados, coa finalidade de reforzar a identidade territorial e o valor da zona costeira.
-
Promover o intercambio do coñecemento baseado na experiencia con outros territorios entre axentes públicos e privados de todos os sectores participantes no GALP.
-
Incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara as actividades turísticas, traballando nunha estratexia integrada na zona costeira e facendo fincapé no turismo mariñeiro.
-
Desenvolver medidas que melloren a calidade ambiental da Ría de Arousa
-
Preservar e poñer en valor o patrimonio costeiro, para reforzar a identidade da zona costeira co mundo mariñeiro.
-
Acadar maiores índices de participación e implicación do sector no desenvolvemento sostible da zona costeira.
-
Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.
-
Conseguir a creación de novos produtos e servizos turísticos intersectoriais.
-
Acadar a conservación do medio natural na zona costeira.
-
Aumentar a implantación e sensibilización da poboación sobre a importancia do patrimonio pesqueiro da zona.
-
Poñer en práctica instrumentos para conseguir un maior empoderamento do sector para acadar un maior desenvolvemento da zona pesqueira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)