
Hoxe desenvolveuse en Rianxo a II Edición do programa medioambiental A NOSA RÍA, co obxectivo de crear conciencia social de cara á conservación das zonas costeiras e potenciar a colaboración entre entidades do mesmo territorio na liña dun obxectivo común.
Un total de 62 alumnas e alumnos do CEIP ADR Castelao participaron nunha sesión de educación ambiental sobre a xestión de residuos, o seu tempo de residencia no medio e as solución para combater a súa acumulación (redución, reutilización ou reciclaxe). Esta actividade de sensibilización está plantexada a partir dunah metodoloxía baseada na participación a través dos xogos e apoiada nas explicacións das persoas monitoras de divulgación.
O programa levarase a cabo tamén nos concellos de Riveira, A Pobra de Caramiñal, Boiro e Catoria e participarán en total en torno a 350 escolares e varias entidades de carácter social como AMBAR, AMICOS e A Creba.

