Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Nenas e nenos de Boiro aprenden xogando a xestionar os residuos que producimos

 

No marco das súas iniciativas de dinamización, o Grupo de Acción Local de Pesca Ría de Arousa, levou hoxe a cabo unha nova sesión de sensibilización medioambiental parar crear conciencia social entre os máis cativos. Arredor de 60 escolares de 5º de primaria do CEIP Santa Baia de Boiro aprenderon mediante xogos os tipos de residuos que se xeran nos ámbitos doméstico e familiar, e como xestionaloi reutilizando e reciclando para evitar que cheguen ás nosas rías.

O programa xa pasou polos concellos de Rianxo e Catoira e aínda continuará por Ribeira e A Pobra do Caramiñal. En total, participarán nestas actividades entorno a 350 escolares e varias entidades de carácter social, entre eles a asociación AMBAR.