Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mar das illas:Sostibilidade e boas prácticas na pesca - turismo

Promover o desenvolvemento de actividades de diversificación por parte do sector pesqueiro do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Promover a pesca artesanal, profesional e o uso sostible dos recursos no ámbito do PNMT das Illas Atlánticas.

Promover unha cultura de traballo en rede, para a promoción de actividades e iniciativas comúns no sector pesqueiro do ámbito do PNMT das Illas Atlánticas.

Datos xerais
Acrónimo: 
MAR DAS ILLAS 2
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
GALP Ría de Pontevedra, GALP Ría de Arousa, GALP Ría de Vigo-A Guarda
Datos de interese: 
GALP Ria de Pontevedra é a entidade coordinadora.
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 3 de agosto de 2016 da Consellería do Mar (DOG nº 166, do 02.09.2016)
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
25/09/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
3 m
Anualidades: 
2018
Data fin de execución: 
31/12/2018
Ámbito de aplicación: 
-
Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
34.308,50 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
32.554,00€
Total axuda pública aprobada (€): 
32.554,00 €
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
27.670,90 €
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
4.883,10 €
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
48
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Obxectivo xeral:  Promover o desenvolvemento por parte do sector pesqueiro de actividades de diversificación que permitan visibilizar e garantir a sostenibilidade das súas prácticas no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a través da formación e da regulación de melloras da comercialización de produtos e servizos da pesca no PNMT das Illas Atlánticas de Galicia

Obxectivos específicos:

  1. Mellorar o uso do espazo mariño permitindo levar a cabo actividades pesqueiras, de turismo mariñeiro e de pesca – turismo de maneira sostible, respectando os recursos e o medio ambiente a través dunha regulación sectorial de turismo mariñeiro que promova o uso sostible dos recursos no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

  2. Promover a pesca artesanal, profesional e sostible no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas a través do establecemento dun código de boas prácticas e da posta en valor do recurso pesqueiro e marisqueiro do ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

  3. Capacitar aos profesionais do mar en diferentes materias relacionadas co seu desenvolvemento profesional relacionado coas actividades de turismo mariñeiro e pesca-turismo.

  4. Promover unha cultura de traballo en rede, para a promoción de actividades e iniciativas relacionadas con temas comúns ao sector pesqueiro do ámbito das Rías Baixas así como intercambiar boas experiencias en materia de turismo mariñeiro entre os diferentes GALP das Rías Baixas e con outros foráneos que teñen máis experiencia neste tipo de proxectos.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

 

  1. Unha regulación sectorial de turismo mariñeiro que promova a pesca – turismo e o turismo mariñeiro sostible no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas garantindo o correcto uso e estado de conservación ambiental e ecolóxico do parque e a súa área de influencia.

  2. Un Código de Boas Prácticas para o sector pesqueiro que permita a mellora da sostibilidade garantindo a continuidade dos recursos pesqueiros e marisqueiros no entorno do Parque Nacional das Illas Atlánticas e a súa visibilización a partir do desenvolvemento dun distintivo de procedencia segundo se recolle no PRUX do Parque Nacional.

  3. Ferramentas para a realización de actividades de turismo mariñeiro nas Rías Baixas polo Sector Pesqueiro facendo fincapé no uso sostible dos recursos.
  4. O reforzo da gobernanza e o empoderamento do sector pesqueiro dasRías Baixas a partir da súa participación en programas de formación, que van a mellorar as capacidades dos mariñeiros/as, mariscadoras e outros colectivos relacionados co sector pesqueiro que queiran desenvolver actividades de turismo mariñeiro e pesca-turismo.

Principais actividades do proxecto: 
  1. A elaboración dunha proposta de regulación sectorial para o desenvolvemento de actividades de pesca - turismo e de turismo mariñeiro no ámbito do PNMT das Illas Atlánticas, que incluirá a revisión da normativa estatal e autonómica ao respecto e a revisión de modelos de turismo mariñeiro e pesca turismo desenvolto noutras zonas de Europa.

  2. Definición dun Códigode Boas Prácticas para a pesca no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas segundo o PRUX(Plan Rector de Usos e Xestión), que permita o desenvolvemento dun distintivo de procedencia e determine o emprego de artes selectivas.

  3. Cursos de formación do turismo mariñeiro e da pesca sostible dirixido ao colectivo do sector marítimo pesqueiro do ámbito dos GALP das Rías Baixas.

  4. Divulgación do proxecto e comunicación nos medios e na web e redes sociais da web de proxecto “Mar das Illas Atlánticas” (www.mardas illas.com).

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Apoio á diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial,  á  aprendizaxe permanente e á creación de emprego  nas  zonas pesqueiras e acuícolas.

Obxectivo específico da EDLP: 
  1. Promover o aproveitamento dos recursos do territorio reforzando a asociación da herdanza do mar coas oportunidades para o turismo, a dinamización da actividade económica, e a cohesión social e territorial.

  2. Fomento da conciencia ecolóxica e do aproveitamento sostible do patrimonio ambiental das zonas costeiras para as xeracións actuais e futuras.

  3. Protexer o patrimonio cultural, mellorando a súa identificación e documentación e poñendo en valor os recursos identificados, coa finalidade de reforzar a identidade territorial e o valor da zona costeira.

  4. Promover o intercambio do coñecemento baseado na experiencia con outros territorios entre axentes públicos e privados de todos os sectores participantes no GALP.

  5. Incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara as actividades turísticas, traballando nunha estratexia integrada na zona costeira e facendo fincapé no turismo mariñeiro.

  6. Desenvolver medidas que melloren a calidade ambiental da Ría de Arousa

  7. Preservar e poñer en valor o patrimonio costeiro, para reforzar a identidade da zona costeira co mundo mariñeiro.

  8. Acadar maiores índices de participación e implicación do sector no desenvolvemento sostible da zona costeira.

  9. Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.

  10. Conseguir a creación de novos produtos e servizos turísticos intersectoriais.

  11. Acadar a conservación do medio natural na zona costeira.

  12. Aumentar a implantación e sensibilización da poboación sobre a importancia do patrimonio pesqueiro da zona.

  13. Poñer en práctica instrumentos para conseguir un maior empoderamento do sector para acadar un maior desenvolvemento da zona pesqueira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)