
A Xunta Directiva do GALP Ría de Arousa en reunión celebrada en Vilagarcía de Arousa o 23 de novembro de 2023, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “ Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023”
Esta proposta de Resolución Provisional non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando condicionada á presentación de toda a documentación requirida, debendo estar dita documentación así como a xa presentada, segundo establece a orde de bases e a normativa vixente.
Outorgarase un prazo de alegacións contra esta proposta de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP RÍA DE AROUSA e na web, segundo establece o Artigo 20.1 da Orde de 14 de setembro de 2023. De non existir alegacións e unha vez rematado o prazo, esta proposta elevarase a definitiva.
Nas seguintes ligazóns poden consultarse as resolucións provisionais :
CERTIFICACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA RESOLUCIÓN PROVISIONAL
https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/certificado-xunta-directiva
ANEXO PROPOSTA PROVISIONAL PARTIDA ORZAMENTARIA 770
https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/proposta-770
ANEXO PROPOSTA PROVISIONAL PARTIDA ORZAMENTARIA 780
https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/proposta-780
ANEXO II PROPOSTA PROVISIONAL PROXECTOS DESESTIMADOS
https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/proposta-desestimados
VALORACIÓNS DOS PROXECTOS PRESENTADOS - 770 E 780
https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/valoracions

