O proxecto consiste na realización de actuacións encamiñadas a poñer en valor o labor e a memoria pesqueira e marisqueira, potenciar o turismo sostible en espazos de valor natural no termo municipal de Valdoviño, no seu litoral, así como en emprazamentos singulares ligados a infraestruturas mariñeira, así como a promoción de actividades de natureza tendo en conta as características diferenciais da costa da Mariña-Ortegal en Valdoviño: turismo mariñeiro, flora e fauna (biodiversidade), fotográfico e patrimonial, realizando rutas mesturando cultura, natureza, turismo mariñeiro e patrimonio co fin de crear produtos turístico-ambientais que desestacionalicen e cren sinerxías positivas para o desenvolvemento do medio local.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Poñer en valor o patrimonio natural, arquitectónico e inmaterial vinculado ao mar, aos oficios e aos produtos pesqueiros e marisqueiros locais da Mariña - Ortegal.
- Fomentar a oferta de experiencias públicas e privadas (relacionadas co medio ambiente e o patrimonio mariño, así como cos oficios do mar e os produtos pesqueiros e marisqueiros), procurando a desestacionalización turística e o incremento dos días de estancia media.
- Trazar un turismo sostible a través de experiencias e actividades que poñan en valor o medio ambiente e o patrimonio ligado ao mar.
- Creación de novas rutas de promoción do patrimonio ligado ao mar, aos seus oficios, á biodiversidade do litoral de Valdoviño e á súa riqueza natural.
- Aumento da sensibilidade local, do turismo e da concienciación e respecto da contorna e os espazos litorais, grazas ás saídas que revalorizan a riqueza, paisaxística, ecolóxica e medioambiental de Valdoviño.
- Incremento do coñecemento local das singularidades do territorio (medio natural, costeiro e pesqueiro) dun modo sostible e respectuoso coa contorna, coa posibilidade de alentar o asentamento da poboación e o emprendemento do sector do mar e en actividades complementarias no sector servizos.
- Fortalecemento da cadea de valor do sector turístico do territorio, procurando a desestacionalización e o incremento dos días de estancia media de visitantes, orientándose cara públicos máis profesionais, interesados en contidos específicos, grazas ao aumento da oferta turística a través do programa de rutas.
O proxecto, levaráse a cabo mediante a realización de 5 saídas anuais por ruta tematizada con grupos, dirixidas a un público xeral cunha ratio estimada de 15-20 persoas por grupo. En total realizaranse 20 saídas por ano. Estas rutas estarán a cargo dun/ha guía homologado/a para as actividades en medio natural e un/ha acompañante. No caso da ruta centrada en biodiversidade contarase cun/ha experto/a na materia.
OBXETIVO ESTRATÉXICO 2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
OBXETIVO ESPECÍFICO 2.1. Incrementar a relación do sector pesqueiro e do producto pesqueiro en actividades de diversificación da zona costeira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

