Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

MODERNIZACION TECNOLOXICA E MELLORA OPERATIVA NA COMERCIALIZACION DE PEIXE FRESCO

O proxecto ten como finalidade a modernización e mellora dos medios tecnolóxicos e operativos da empresa co obxectivo de incrementar a eficiencia dos procesos, mellorar a organización interna e reforzar a competitividade da entidade. As actuacións previstas inclúen investimentos en sistemas informáticos e de comunicación que permitirá avanzar na dixitalización e mecanización dos procesos administrativos e comerciais, a optimización na xestión de pedidos, a comunicación con provedores e clientes e a coordinación das operacións diarias. Estas melloras contribuirán a una maior axilidade na xestión e a un mellor control da actividade.
Así mesmo, o proxecto contempla a adquisición de pequena maquinaria e equipos auxiliares, detinados a mellorar a loxística interna e a manipulación de mercadorías, reducindo os tempos de manipulación de produto fresco garantizando así a mellora da calidade do produto pesqueiro. Estas actuacións, favorecen a mecanización dos procesos de carga e movemento do produto, reducindo o esforzo físico, mellorando a seguridade laboral e favorecendo unhas condicións de traballo máis adecuadas.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2026-00037
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Pescados Orol, SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de Decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2026
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
13/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Burela (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
11.609,90
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
11.609,90
Total axuda pública aprobada (€): 
5.804,95
% Subvención: 
50,0
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
4.063,47 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
1.741,48 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Modernizar os medios tecnolóxicos e operativos da empresa para incrementar a súa eficiencia e capacidade competitiva.
  • Impulsar a dixitalización e mecanización dos procesos administrativos, comerciais e loxísticos, optimizando a organización interna e a xestión da actividade.
  • Mellorar a calidade e a conservación do produto pesqueiro fresco mediante a redución dos tempos de manipulación e unha xestión máis eficiente da mercadoría.
  • Optimizar a xestión de pedidos, a comunicación con provedores e clientes e a coordinación das operacións diarias.
  • Mellorar a loxística interna e os procesos de carga, descarga e manipulación da mercadoría, reducindo o esforzo físico e incrementando a produtividade.
  • Reforzar a seguridade e a saúde laboral mediante a incorporación de equipos que melloren as condicións de traballo e minimicen os riscos ergonómicos.
  • Favorecer a igualdade de oportunidades, facilitando un contorno de traballo máis accesible, seguro e adaptado para todas as persoas traballadoras.
  • Incrementar a competitividade, a innovación e a sustentabilidade da empresa, contribuíndo á modernización da cadea de valor da comercialización dos produtos pesqueiros.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Modernización tecnolóxica da empresa mediante a incorporación de tres equipos informáticos, catro teléfonos móbiles e un sistema de alimentación ininterrompida (SAI), mellorando a xestión administrativa e comercial.
  • Optimización da comunicación interna e externa, favorecendo unha maior coordinación entre o persoal e unha relación máis áxil e eficiente con provedores e clientes.
  • Mellora da loxística interna e da manipulación da mercadoría mediante a adquisición de cinco transpaletas manuais e dúas transpaletas eléctricas, reducindo os tempos de operación, o esforzo físico e incrementando a produtividade.
  • Mellora da calidade e conservación do produto pesqueiro fresco grazas á redución dos tempos de manipulación e a unha maior eficiencia nos procesos de carga, descarga e almacenamento.
  • Incremento da seguridade e da saúde laboral mediante a adaptación dos procedementos de traballo aos novos equipos, reducindo os riscos ergonómicos e mellorando as condicións laborais.
  • Favorecemento da igualdade de oportunidades e da participación das mulleres na actividade, ao reducir a esixencia física de determinadas tarefas e facilitar o acceso en igualdade de condicións aos postos operativos.
  • Reforzo da competitividade, da profesionalización e da capacidade de adaptación da empresa ás novas esixencias do mercado, mediante a modernización dos procesos e a mellora da eficiencia operativa.
  • Contribución á transformación dixital e á sustentabilidade da empresa, consolidando un modelo de xestión máis eficiente, innovador e preparado para afrontar os retos da comercialización de produtos pesqueiros.
Principais actividades do proxecto: 

O proxecto contempla a modernización e mellora dos medios tecnolóxicos e operativos da empresa, dedicada á compra e venda de peixe fresco, mediante a adquisición, instalación, configuración e posta en funcionamento de novos equipos que permitan avanzar na dixitalización dos procesos, optimizar a loxística interna e incrementar a eficiencia da actividade.

As actuacións previstas inclúen a incorporación de tres equipos informáticos, que permitirán mellorar a xestión administrativa e comercial, así como a adquisición de catro teléfonos móbiles para optimizar a comunicación interna e externa coa rede de provedores e clientes. Ademais, instalarase un Sistema de Alimentación Ininterrompida (SAI) co obxectivo de garantir a continuidade do servizo e protexer os equipos informáticos fronte a posibles incidencias no subministro eléctrico.

No ámbito da loxística interna, o proxecto contempla a adquisición de cinco transpaletas manuais e dúas transpaletas eléctricas, destinadas a facilitar a manipulación da mercadoría, mellorar os procesos de carga, descarga e almacenamento, reducir os tempos de operación e minimizar o esforzo físico das persoas traballadoras.

Finalmente, levarase a cabo a instalación, configuración e posta en marcha de todos os equipos adquiridos, adaptando os procedementos de traballo aos novos medios tecnolóxicos e mecánicos. Esta actuación permitirá mellorar a organización interna, incrementar a eficiencia operativa, reforzar a seguridade laboral e consolidar un modelo de xestión máis moderno, dixitalizado e competitivo para a actividade de comercialización de peixe fresco.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento daparticipación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.1. Desenvolver un produto pesqueiro de valor a través de melloras produtivas e organizativas no sector e nas actividades mariñeiras.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)