Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ADQUISICIÓN DE CÁMARA FRIGORÍFICA

O proxecto consiste na adquisición dunha cámara frigorífica para mellorar a conservación e xestión do stock de produtos pesqueiros, garantindo maior calidade, frescura e valor engadido na súa comercialización.
Esta inversión contribúe ao fortalecemento da economía azul local e do tecido empresarial do porto de Celeiro, asegurando que o produto chegue ao mercado en mellores condicións. Ademais, favorece a creación e mantemento do emprego, moderniza a cadea de valor e impulsa a sustentabilidade e competitividade do sector pesqueiro local.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2026-00138
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Francisco Maseda, SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de Decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2026
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
13/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Viveiro (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
15.750,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
15.750,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
7.875,00 €
% Subvención: 
50,0
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
5.512,50 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
2.362,50 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Optimizar a cadea de valor dos produtos pesqueiros, mellorando os procesos de conservación e comercialización para garantir a máxima frescura do peixe e do marisco e reforzar a competitividade da empresa nos mercados nacional e internacional.
  • Incrementar a capacidade de conservación en frío, ampliando o volume de almacenamento para xestionar de forma máis eficiente os picos de descarga procedentes da Lonxa de Celeiro, minimizando perdas de produto e asegurando a súa dispoñibilidade.
  • Garantir a calidade e a seguridade alimentaria, incorporando sistemas de refrixeración de última xeración que permitan manter a cadea de frío en condicións óptimas e cumprir cos máis altos estándares sanitarios e de seguridade alimentaria.
  • Mellorar a eficiencia loxística da empresa, optimizando os procesos de recepción, clasificación, almacenamento e expedición dos produtos pesqueiros mediante unha infraestrutura frigorífica máis moderna e eficiente.
  • Incrementar o valor engadido dos produtos pesqueiros locais, favorecendo unha planificación máis eficiente da comercialización de especies como a pescada de Celeiro ou o polbo, adaptando a oferta á demanda do mercado grazas á mellora da capacidade de conservación.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Incrementar a capacidade de almacenamento en frío, permitindo unha mellor xestión das descargas procedentes da lonxa, optimizando a conservación dos produtos pesqueiros e favorecendo un aumento da capacidade operativa e do volume de comercialización da empresa.
  • Mellorar a calidade e a conservación dos produtos pesqueiros, garantindo o mantemento da cadea de frío e da frescura do peixe e do marisco, o que contribuirá a consolidar a posición da empresa no mercado, fidelizar a clientela existente e captar novos clientes.
  • Reducir os custos de explotación, grazas á incorporación de equipamentos frigoríficos máis eficientes desde o punto de vista enerxético, mellorando a sustentabilidade ambiental da actividade e incrementando a competitividade da empresa.
Principais actividades do proxecto: 

A actuación prevista no proxecto consiste na adquisición e posta en funcionamento dunha nova cámara frigorífica destinada á conservación de produtos pesqueiros, co obxectivo de mellorar a capacidade de almacenamento, garantir a continuidade da cadea de frío e optimizar os procesos loxísticos da empresa.

Para a súa execución levaranse a cabo as seguintes actuacións:

  • Selección e contratación do equipamento, mediante a formalización do pedido ao provedor da cámara frigorífica que mellor se adapte ás necesidades técnicas da empresa.
  • Recepción e instalación da cámara frigorífica, incluíndo o transporte, montaxe e integración da nova infraestrutura nas instalacións da empresa, garantindo o cumprimento dos requisitos técnicos e sanitarios.
  • Posta en marcha e verificación do equipamento, realizando as probas necesarias para comprobar o seu correcto funcionamento, a eficiencia do sistema de refrixeración e a súa plena operatividade.
  • Inicio da actividade coa nova infraestrutura frigorífica, incorporando a cámara aos procesos habituais de recepción, conservación e expedición dos produtos pesqueiros, mellorando a capacidade de almacenamento, a calidade do produto e a eficiencia loxística da empresa.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.1. Desenvolver un produto pesqueiro de valor a través de melloras produtivas e organizativas no sector e nas actividades mariñeiras.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)