Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A MARIÑA: BENESTAR AZUL

O proxecto "A Mariña: Benestar Azul" consiste no desenvolvemento dun programa de actividades educativas, ambientais, culturais e de benestar vinculadas ao medio mariño e costeiro do territorio GALP A Mariña–Ortegal, dirixido a persoas con enfermidade mental. A iniciativa emprega o mar como ferramenta de inclusión social, promoción da saúde e sensibilización ambiental, fomentando o coñecemento e a conservación do patrimonio natural e cultural mariño.

O programa inclúe accións de educación ambiental, divulgación sobre pesca sostible e economía azul, rutas interpretativas, obradoiros de ecoarte, actividades de estimulación cognitiva e benestar emocional, así como accións de difusión dos resultados.

O proxecto contribúe á diversificación da economía azul, á posta en valor do patrimonio mariño-costeiro, á sensibilización ambiental e climática e á mellora da calidade de vida das persoas participantes, promovendo un desenvolvemento sostible, inclusivo e socialmente innovador no territorio GALP A Mariña–Ortegal.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2026-00008
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Asociación Saúde Mental A Mariña
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de Decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2026
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
13/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
20
Anualidades: 
2026 e 2027
Data fin de execución: 
31/10/2027
Ámbito de aplicación: 

Cervo (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
47.565,91
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
47.565,91
Total axuda pública aprobada (€): 
47.565,91
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
33.296,14€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
14.269,77€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
20
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Obxectivo xeral

Contribuír á mellora da saúde mental e do benestar integral das persoas con enfermidade mental a través da promoción do benestar azul, da educación ambiental e da sensibilización climática, fomentando a protección do medio mariño e litoral, a posta en valor dos recursos naturais e o fortalecemento do vínculo das persoas co mar e coa comunidade.

Obxectivos específicos

  • Fomentar a participación activa das persoas con enfermidade mental en actividades de coñecemento, conservación e protección do medio mariño e litoral.
  • Reforzar o coñecemento sobre a biodiversidade mariña, os efectos da actividade humana e do cambio climático, promovendo actitudes responsables cara á conservación dos ecosistemas costeiros.
  • Mellorar o benestar físico, emocional e social das persoas participantes mediante actividades vinculadas ao medio mariño, favorecendo hábitos de vida saudables e o contacto coa natureza.
  • Promover a inclusión social e a participación comunitaria a través de actividades colaborativas desenvolvidas no territorio costeiro.
  • Difundir os valores da economía azul, da pesca sostible e do patrimonio natural e cultural mariño como elementos clave para o desenvolvemento sostible do territorio.
  • Favorecer a sensibilización ambiental e climática, impulsando comportamentos responsables e sostibles na relación co medio mariño e litoral.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Participación activa das persoas con enfermidade mental en actividades de coñecemento, conservación, coidado e mellora do medio mariño e litoral.
  • Incremento do coñecemento e da sensibilización ambiental sobre a biodiversidade mariña, os efectos do cambio climático e a importancia da protección dos ecosistemas costeiros.
  • Mellora do benestar físico, emocional e social das persoas participantes mediante a realización de actividades vinculadas ao mar e ao contacto coa natureza.
  • Reforzo da inclusión social e da participación comunitaria, favorecendo a interacción co territorio e co patrimonio mariño-costeiro.
  • Maior concienciación sobre a economía azul, a pesca sostible e o valor do patrimonio natural e cultural do litoral.
  • Promoción de hábitos de vida saudables e dunha relación máis activa, responsable e sostible co medio mariño.
Principais actividades do proxecto: 

O proxecto estrutúrase en varias liñas de actuación complementarias que combinan educación ambiental, promoción da saúde mental, sensibilización sobre a economía azul e posta en valor do patrimonio mariño-costeiro.

  • A actividade "Brigada Azul" desenvolverase entre xullo de 2026 e decembro de 2027 e estará centrada na educación ambiental e na acción directa sobre o territorio. A través de sesións formativas abordaranse cuestións como a contaminación mariña, os plásticos e microplásticos, os derrames de hidrocarburos, o cambio climático e a protección dos ecosistemas costeiros. Estas accións complementaranse con xornadas de limpeza de praias e recollida selectiva de residuos, fomentando a participación activa das persoas participantes na conservación do litoral.
  • Baixo a denominación "Enredando no Mar" desenvolveranse distintas accións divulgativas relacionadas coa biodiversidade mariña e a pesca sostible. Incluiranse dúas charlas anuais, orientadas a dar a coñecer os ecosistemas mariños, os impactos ambientais e a importancia da súa conservación. Así mesmo, realizarase o obradoiro "Rede Azul", impartido polo patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela, no que se abordarán aspectos relacionados coas artes de pesca artesanal, os diferentes tipos de redes, a economía circular aplicada á reciclaxe e reutilización destes materiais e os principios da pesca sostible.
  • A través da actividade "Sendeiros Azuis" levaranse a cabo percorridos interpretativos por diferentes Sendeiros Azuis do territorio GALP A Mariña–Ortegal, como a Ruta do Litoral Burelés, Cubelas–O Rego, O Torno, Río de Lavar–Muíño do Medio, a Ruta das Praias de Foz e a Ruta do Faro de Illa Pancha. Estas saídas permitirán poñer en valor o patrimonio natural e paisaxístico do litoral, fomentar a sensibilización ambiental e climática, identificar os efectos do cambio climático na costa e promover hábitos de vida saudables a través do contacto coa natureza.
  • O obradoiro "Eco-Arte Mariña" consistirá na creación de pezas artísticas empregando materiais naturais e residuos recollidos no litoral. A actividade pretende sensibilizar sobre a contaminación mariña e a fraxilidade dos ecosistemas costeiros, ao tempo que favorece a creatividade, a expresión artística e o benestar emocional das persoas participantes.
  • A actividade "Mareas Cognitivas" utilizará o mar como elemento simbólico e motivador para traballar a estimulación cognitiva mediante a elaboración e utilización de materiais específicos. As sesións estarán orientadas ao desenvolvemento das funcións cognitivas, ao fomento da creatividade e da autonomía persoal, á evocación de recordos e experiencias vinculadas ao mar e á promoción da sensibilización ambiental.
  • No marco da actuación "Un Mar de Imaxes" elaborarase un vídeo documental que recollerá o desenvolvemento do proxecto e os seus principais resultados, así como pequenas pezas audiovisuais destinadas á difusión das actividades a través das redes sociais, favorecendo a divulgación do proxecto e a sensibilización da cidadanía.
  • Finalmente, celebrarase a actividade "O Mar na Mente", un acto público de peche no que se presentarán os resultados acadados, se proxectará o vídeo final do proxecto e se expoñerán as obras realizadas no obradoiro Eco-Arte Mariña, acompañado dunha degustación de petiscos elaborados con produtos do mar como elemento de posta en valor da cultura mariñeira e da gastronomía local.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 3. Impulso e aproveitamento do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXECTIVO ESPECÍFICO 3.1. Coidar a biodiversidade mariña da zona costeira e manter os recursos pesqueiros das rías.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)