
Adquisición dun vehículo isotermo gasificado con etiqueta ECO, que permitirá diminuír o consumo de combustibles fósiles, garantindo unha óptima conservación térmica do produto e reforzar a seguridade alimentaria, contribuíndo así a elevar a calidade e o valor engadido das mercadorías
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo do proxecto é reforzar un sistema de comercialización máis sostible e eficiente, mediante a adquisición dun vehículo isotermo gasificado que mellore a conservación do produto, reduza emisións e garanta a rastrexabilidade e a seguridade alimentaria. A iniciativa enmárcase nunha aposta pola modernización do sector pesqueiro, favorecendo a redución da pegada ambiental, a mellora do valor engadido do produto local e o mantemento do emprego vinculado á actividade extractiva e transformadora. Así mesmo, o proxecto será difundido publicamente a través das canles habituais da empresa, facilitando a súa visibilidade como exemplo de boa práctica aliñada cos principios de sustentabilidade e desenvolvemento local do GALP.
A empresa impulsa un novo proxecto de investimento orientado á mellora da eficiencia enerxética e a redución de emisións no marco do seu sistema de comercialización de produtos pesqueiros e marisqueiros. Para iso, prevese a adquisición dun vehículo isotermo gasificado con etiqueta ECO, que permitirá diminuír o consumo de combustibles fósiles, garantir unha óptima conservación térmica do produto e reforzar a seguridade alimentaria, contribuíndo así a elevar a calidade e o valor engadido das mercadorías. Ademais, o vehículo incorporará sistemas avanzados de seguridade que mellorarán a protección de operarios e viandantes. Con este investimento, a empresa reforza o seu compromiso coa modernización, sustentabilidade e competitividade do sector pesqueiro local.
O novo camión contará cunha caixa isotérmica de maior grosor, o que permitirá un illamento térmico superior e unha mellora na conservación dos produtos, mantendo de forma máis estable a cadea de frío. Esta mellora non só garantirá un transporte máis seguro desde o punto de vista sanitario, senón que contribuirá directamente a preservar a calidade do produto, reforzando o seu valor engadido e a súa competitividade no mercado.
Ademais, o vehículo estará equipado con tecnoloxías avanzadas de seguridade, como sistemas de aviso involuntario de cambio de carril e detección de ángulo morto lateral e frontal, o que mellorará tanto a protección dos operarios como a seguridade viaria para a contorna. A adquisición deste vehículo responde a un compromiso firme coa modernización e sustentabilidade do sector pesqueiro, apostando por unha mobilidade máis responsable, en liña cos obxectivos ambientais do EDLP.
Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Incrementar la sostinibilidade y la autonomía del sector en la explotación de los recursos de la pesca, el marisqueo y la acuicultura en la Ría de Arousa.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

