Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

NOVO SUBMINISTRO AUTOMATIZADO DE XEO A EMBARCACIÓNS #ABSA-AUTOMATIZA-FRIO

O proxecto "Novo subministro automatizado de xeo a embarcacións" ten como finalidade garantir o abastecemento continuo de xeo á frota pesqueira do porto de Burela tras o peche da fábrica de xeo da Confraría en outubro de 2025. Para iso, ABSA adaptará as súas instalacións actuais mediante a implantación dun sistema automatizado de subministro que incluirá unha nova liña de saída de xeo, unha báscula de pesaxe en continuo, cintas transportadoras e un sistema intelixente de control.

A actuación permitirá realizar o subministro de xeo directamente no peirao de forma automática, mellorando a eficiencia operativa, reducindo os tempos de espera e os riscos laborais, e garantindo a conservación das capturas mediante o mantemento da cadea de frío.

O proxecto contribuirá tamén á modernización e sustentabilidade das infraestruturas portuarias, optimizando o consumo de recursos e reducindo o impacto ambiental. A súa posta en marcha beneficiará directamente a máis de 300 embarcacións, das cales arredor de 200 pertencen á frota de baixura, reforzando a competitividade e a actividade pesqueira no porto de Burela.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2026-00004
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Armadores de Burela, SA
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de Decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2026
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
13/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Burela (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
422.618,00
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
250.000,00
Total axuda pública aprobada (€): 
250.000,00
% Subvención: 
59,1
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
175.000,00 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
75.000,00 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Garantir un subministro continuo, seguro e accesible de xeo á frota pesqueira que opera no porto de Burela, con especial incidencia na frota de baixura.
  • Asegurar o mantemento da cadea de frío desde o momento da captura ata a primeira venda, contribuíndo á conservación da calidade e da seguridade alimentaria dos produtos pesqueiros.
  • Mellorar a conservación das capturas e incrementar o seu valor comercial mediante un sistema de abastecemento eficiente e fiable.
  • Optimizar os tempos de aprovisionamento de xeo, reducindo os tempos de espera das embarcacións e mellorando a operatividade antes do inicio de cada marea.
  • Modernizar as infraestruturas portuarias mediante a implantación dun sistema automatizado e intelixente de subministro de xeo directamente no peirao.
  • Incrementar a seguridade nas operacións de abastecemento, reducindo os riscos laborais asociados aos procesos manuais.
  • Mellorar a eficiencia enerxética da instalación mediante a automatización e a optimización do funcionamento dos equipos.
  • Reducir o consumo de recursos e minimizar o impacto ambiental asociado ao proceso de produción e subministro de xeo.
  • Reforzar a competitividade da frota pesqueira e do porto de Burela, garantindo a dispoñibilidade dun servizo estratéxico para o desenvolvemento da actividade pesqueira.
  • Contribuír á modernización, innovación e sustentabilidade das infraestruturas de apoio ao sector pesqueiro, favorecendo a resiliencia e a competitividade da economía azul na zona costeira.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Implantación dun sistema automatizado, eficiente e fiable de subministro de xeo operativo directamente no peirao de atraque do porto de Burela.
  • Garantía dun acceso rápido, cómodo e seguro ao xeo para a frota pesqueira, especialmente para as embarcacións de baixura, antes do inicio de cada marea.
  • Mantemento continuo da cadea de frío das capturas desde o momento da súa extracción ata a primeira venda, favorecendo a conservación da súa calidade e seguridade alimentaria.
  • Mellora da calidade e do valor comercial dos produtos pesqueiros desembarcados no porto de Burela.
  • Redución dos tempos de espera e das operacións manuais asociadas ao abastecemento de xeo, incrementando a eficiencia das operacións portuarias.
  • Optimización do funcionamento da fábrica de xeo mediante a incorporación de sistemas automatizados de control, supervisión e xestión do proceso.
  • Mellora da eficiencia enerxética da instalación, reducindo o consumo de recursos e minimizando as perdas de material.
  • Redución do impacto ambiental asociado ao proceso de produción e subministro de xeo mediante unha utilización máis racional dos equipos e da enerxía.
  • Incremento da eficiencia operativa das infraestruturas de apoio á actividade pesqueira no porto de Burela.
  • Reforzo da competitividade da frota pesqueira local e consolidación do porto de Burela como unha infraestrutura moderna, innovadora, sostible e preparada para responder ás necesidades actuais do sector pesqueiro.
Principais actividades do proxecto: 

O proxecto contempla a adaptación e mellora das instalacións actuais da fábrica de xeo de ABSA para habilitar un novo sistema automatizado de subministro de xeo ás embarcacións directamente no peirao de atraque. As actuacións inclúen a instalación dunha nova liña de saída de xeo, a incorporación dunha báscula de pesaxe en continuo integrada no sistema existente, o deseño e implantación dun sistema automatizado de control e xestión do proceso, así como a subministración e montaxe dun sistema de cintas transportadoras coas correspondentes estruturas metálicas de soporte e pasarelas de mantemento. Ademais, executaranse as obras civís necesarias para garantir a estabilidade, seguridade e durabilidade da infraestrutura. Unha vez finalizadas as instalacións, levaranse a cabo a integración e programación dos distintos sistemas, as probas de funcionamento e a posta en marcha da instalación, permitindo que a frota pesqueira poida solicitar e recibir o xeo de forma automatizada, rápida, segura e eficiente, garantindo a continuidade da cadea de frío e mellorando a operatividade do porto de Burela.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.1. Desenvolver un produto pesqueiro de valor a través de melloras produtivas e organizativas no sector e nas actividades mariñeiras.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)