O proxecto consiste na creación dun complexo hoteleiro sostible no concello de Foz, deseñado para ofrecer unha experiencia turística de calidade baseada na identidade mariñeira da Mariña Lucense e na valorización dos recursos naturais, culturais e gastronómicos do territorio. A iniciativa pretende consolidar unha oferta diferenciada que combine aloxamento, gastronomía e actividades vinculadas ao mar, contribuíndo á desestacionalización do turismo e á diversificación da economía azul.
O complexo integrará unha programación de experiencias relacionadas co patrimonio marítimo-pesqueiro, incluíndo actividades como snorkel, rutas marítimas, visitas ao porto e á lonxa de Burela, así como experiencias gastronómicas elaboradas con produtos do mar de proximidade e rutas culturais e paisaxísticas que permitan dar a coñecer a riqueza patrimonial e ambiental da contorna.
Ademais, o proxecto aposta pola colaboración con profesionais, empresas e produtores locais, promovendo a creación de emprego, a dinamización económica e a valorización dos produtos pesqueiros da zona. Todo iso desenvolverase baixo criterios de sustentabilidade ambiental, economía circular e conservación do medio mariño, contribuíndo a consolidar un modelo turístico responsable e integrado no territorio.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Crear un complexo turístico de referencia na Mariña Lucense, baseado na identidade mariñeira do territorio e orientado á prestación dun servizo de aloxamento de calidade.
- Poñer en valor o patrimonio marítimo-pesqueiro, cultural, natural e paisaxístico da contorna mediante o deseño e comercialización de experiencias e paquetes turísticos vinculados aos recursos do mar.
- Promover e divulgar os produtos pesqueiros locais a través da organización de experiencias gastronómicas, eventos e actividades que favorezan o seu coñecemento e consumo.
- Favorecer a diversificación económica das zonas costeiras mediante o desenvolvemento dunha oferta turística integrada na economía azul e complementaria á actividade pesqueira.
- Contribuír á desestacionalización da actividade turística, creando unha oferta atractiva durante todo o ano para diferentes perfís de visitantes, especialmente familias e persoas interesadas no turismo de natureza e mariñeiro.
- Desenvolver unha plataforma web para a comercialización do aloxamento, dos paquetes de experiencias e de produtos locais vinculados ao mar, facilitando a súa promoción e difusión e ampliando as canles de comercialización do proxecto
- Creación dun complexo turístico sostible que contribúa a reforzar a oferta de aloxamento de calidade na Mariña–Ortegal, promovendo un modelo de turismo responsable, integrado no territorio e comprometido coa sustentabilidade ambiental e a mitigación do cambio climático.
- Incremento do valor engadido dos produtos do mar da Mariña Lucense mediante a súa incorporación á oferta gastronómica e ás experiencias turísticas, favorecendo o consumo de produto pesqueiro local e os circuítos curtos de comercialización.
- Diversificación da economía azul a través da creación dunha oferta turística complementaria á actividade pesqueira, baseada no turismo mariñeiro, gastronómico, cultural e de natureza, que contribúa á xeración de novas oportunidades económicas no territorio.
- Fortalecemento do tecido empresarial local mediante a colaboración con empresas, profesionais e entidades vinculadas aos sectores marítimo-pesqueiro, turístico e cultural, favorecendo a creación de sinerxías e a xeración de emprego directo e indirecto.
- Contribución á desestacionalización da actividade turística mediante a comercialización de paquetes e experiencias dispoñibles ao longo de todo o ano, ampliando a permanencia das persoas visitantes e diversificando a demanda turística.
- Incremento da visibilidade e comercialización da oferta turística e dos produtos locais mediante unha plataforma web propia, facilitando a reserva de aloxamentos, experiencias e produtos vinculados á cultura mariñeira e ao patrimonio da Mariña–Ortegal.
O proxecto estrutúrase nun conxunto de actuacións orientadas á creación dunha oferta turística sostible e diferenciada, baseada na valorización do patrimonio marítimo-pesqueiro, dos produtos do mar e dos recursos naturais e culturais da Mariña Lucense. As actividades serán promovidas e coordinadas por P&P Tradición Galega, S.L., en colaboración con profesionais e entidades do territorio, e comercializaranse a través dunha plataforma web propia.
As principais actividades son as seguintes:
1. Creación do complexo turístico.
Execución das obras de construción dun complexo de aloxamentos composto por cinco edificacións e unha zona común destinada ao desenvolvemento das actividades previstas no proxecto. Esta actuación constitúe o investimento principal para a posta en marcha da iniciativa e executarase ao longo de dúas anualidades.
2. Desenvolvemento de experiencias mariñeiras.
Deseño, promoción e comercialización de paquetes de turismo mariñeiro que inclúan actividades como snorkel guiado por biólogos mariños, rutas marítimas interpretativas polo litoral, visitas ao Porto e á Lonxa de Burela, así como ao Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen. As experiencias completaranse con degustacións de produtos do mar vinculados á actividade realizada.
3. Organización de experiencias gastronómicas.
Celebración periódica de actividades de show cooking e experiencias gastronómicas centradas na promoción do produto pesqueiro local, coa participación de profesionais da restauración. As xornadas permitirán dar a coñecer o proceso completo de captura, transformación e consumo dos produtos do mar, complementándose con contidos audiovisuais sobre sustentabilidade, biodiversidade mariña e conservación do medio costeiro.
4. Realización de rutas culturais e patrimoniais.
Organización de visitas guiadas a recursos de interese histórico, cultural e marítimo da comarca, como o Castro de Fazouro, o Museo Provincial do Mar de San Cibrao, a Confraría de Celeiro e o Paseo dos Namorados de Cervo, fomentando un turismo activo, sostible e respectuoso co patrimonio.
5. Comercialización de produtos e servizos complementarios.
Desenvolvemento dunha plataforma web para a reserva do aloxamento e das experiencias ofertadas, incorporando ademais a venda de publicacións relacionadas coa cultura mariñeira e de conservas elaboradas con produtos do mar de proximidade, reforzando a promoción e comercialización dos recursos locais.
Obxectivo Estratéxico 2 . Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
OBXECTIVO ESPECÍFICO 2.1. Incrementar a relación do sector pesqueiro e do produto pesqueiro en actividades de diversificación da zona costeira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

