O proxecto “COFRADÍA BURELA 4.0” consiste no deseño, creación e implantación dunha plataforma web moderna, accesible e adaptada ás necesidades da Confraría de Pescadores de Burela. Esta ferramenta dixital estratéxica, adaptada ás particularidades do sector pesqueiro, funcionará como a principal canle de comunicación entre a entidade e os seus diferentes públicos: persoas socias, profesionais do mar, consumidores de produtos pesqueiros locais, centros educativos e sociais, veciñanza e visitantes, así como outros axentes vinculados ao territorio.
A plataforma nace cun enfoque inclusivo, promovendo a accesibilidade universal mediante a incorporación de contidos adaptados, recursos descargables e ferramentas de lectura fácil. Deste xeito, facilitarase o acceso á información institucional e aos servizos da Confraría, ao tempo que se contribuirá á difusión e posta en valor do patrimonio marítimo e pesqueiro de Burela, reforzando o compromiso da entidade coa cohesión social, a inclusión e a participación cidadá.
A iniciativa supón un importante avance na modernización e transformación dixital da Confraría ao integrar tradición e innovación tecnolóxica. A través de contidos interactivos, recursos audiovisuais e ferramentas como os códigos QR, mellorarase a comunicación coa sociedade, favorecerase a difusión da actividade pesqueira e reduciranse as barreiras de acceso á información para persoas maiores ou con diversidade funcional.
Ademais, o proxecto promoverá a visibilización do papel das mulleres no sector pesqueiro mediante a creación dunha exposición dixital permanente que recoñeza a súa contribución histórica e actual á actividade mariñeira. Así mesmo, a plataforma converterase nun espazo de referencia para a difusión das iniciativas impulsadas pola Confraría e polo GALP A Mariña-Ortegal, integrando tanto os proxectos xa desenvolvidos como aqueles que se leven a cabo no futuro.
En conxunto, “COFRADÍA BURELA 4.0” contribuirá á modernización dos servizos e da comunicación da Confraría, reforzará a promoción do patrimonio marítimo e pesqueiro de Burela, favorecerá a posta en valor dos produtos do mar e dos seus profesionais e achegará a actividade pesqueira á cidadanía e ás novas xeracións. Deste modo, o proxecto impulsará a competitividade do sector pesqueiro local, favorecerá a remuda xeracional e consolidará unha imaxe moderna, innovadora, accesible e comprometida coa identidade mariñeira de Burela.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Obxectivo xeral
Implementar unha plataforma web integral, moderna e accesible que actúe como infraestrutura dixital estratéxica para a Confraría de Pescadores de Burela, co fin de modernizar a comunicación e a xestión institucional, mellorar a difusión da actividade pesqueira e reforzar a competitividade, a visibilidade e a proxección do sector pesqueiro local.
Obxectivos específicos
- Desenvolver unha ferramenta dixital accesible e inclusiva que garanta o acceso universal á información, aos servizos e aos recursos da Confraría.
- Facilitar o acceso público á información institucional, ás ordes de axudas, á lexislación pesqueira, aos servizos e ás actividades desenvolvidas pola Confraría.
- Difundir, mediante contidos audiovisuais, recursos interactivos e materiais descargables a través de códigos QR, as artes de pesca artesanais, os produtos pesqueiros locais e a importancia da pesca sustentable, promovendo un consumo responsable.
- Poñer en valor o patrimonio marítimo e pesqueiro de Burela, divulgando a cultura mariñeira e achegando o sector á cidadanía e ás novas xeracións.
- Visibilizar o papel fundamental das mulleres no sector pesqueiro mediante contidos específicos que recoñezan a súa contribución á actividade mariñeira e favorezan a igualdade de oportunidades.
- Favorecer a remuda xeracional, proxectando unha imaxe moderna, innovadora e atractiva do sector que contribúa a espertar o interese das persoas máis novas polos oficios do mar.
- Crear un espazo dixital de referencia que integre e difunda os proxectos impulsados pola Confraría e polo GALP A Mariña-Ortegal, facilitando a súa coordinación, seguimento e promoción.
- Reforzar a conexión entre o sector pesqueiro e a sociedade, promovendo unha maior participación cidadá, a valorización dos profesionais do mar e o fortalecemento da identidade mariñeira de Burela.
- Contribuír á modernización e transformación dixital da Confraría, mellorando a comunicación institucional, a prestación de servizos e a relación cos distintos colectivos vinculados ao sector pesqueiro.
- Creación e posta en funcionamento dunha plataforma web integral que centralice a comunicación, a información institucional e os servizos da Confraría, mellorando a súa xestión e a relación coas persoas usuarias.
- Mellora do acceso á información sobre axudas, formación, normativa pesqueira, servizos e actividades da Confraría, garantindo unha comunicación máis transparente, áxil e accesible.
- Incremento da visibilidade da pesca artesanal e dos produtos pesqueiros de Burela mediante contidos audiovisuais, recursos interactivos e ferramentas dixitais, favorecendo o consumo responsable e a valorización do produto local.
- Maior difusión e recoñecemento do papel das mulleres no sector pesqueiro a través dunha exposición dixital permanente e doutros contidos específicos, contribuíndo á igualdade de oportunidades e á posta en valor dos oficios do mar.
- Reforzo da remuda xeracional mediante unha comunicación máis moderna, atractiva e adaptada ás novas xeracións, achegando o sector pesqueiro á mocidade e mellorando a súa percepción social.
- Mellora da accesibilidade universal á información mediante recursos adaptados que faciliten o acceso a persoas maiores e con diversidade funcional.
- Colaboración con entidades sociais e colectivos de persoas con diversidade funcional, empregando os contidos audiovisuais e as exposicións dixitais como ferramentas de lecer, inclusión e integración social.
- Consolidación dunha plataforma dixital que integre, difunda e dea continuidade aos proxectos promovidos pola Confraría e polo GALP A Mariña-Ortegal, favorecendo as sinerxías entre iniciativas e incrementando o seu impacto no territorio.
- Fortalecemento da identidade mariñeira de Burela e da súa proxección como referente do sector pesqueiro, contribuíndo á promoción do patrimonio marítimo, da economía azul e da marca territorial asociada á pesca e aos produtos do mar.
O proxecto desenvolverase a través da Actividade 1: "Innovación tecnolóxica e dixital na comunicación e xestión da Confraría", estruturada en diferentes fases de execución que permitirán o deseño, desenvolvemento e posta en funcionamento da plataforma web "COFRADÍA BURELA 4.0".
Nunha primeira fase realizarase o deseño e arquitectura da plataforma web, definindo unha estrutura intuitiva, accesible e adaptada a todo tipo de dispositivos, aplicando criterios de usabilidade (UX), deseño de interface (UI) e navegación responsive para garantir unha experiencia de usuario óptima.
Posteriormente levarase a cabo o desenvolvemento técnico da infraestrutura dixital, incorporando solucións que garantan a seguridade da información, unha elevada velocidade de carga e a integración de ferramentas que faciliten a xestión e actualización dos contidos da Confraría.
A continuación procederase á creación e organización dos contidos estratéxicos da plataforma, incorporando información institucional, normativa pesqueira, convocatorias de axudas, accións formativas, servizos e actividades da entidade, reforzando a transparencia e a comunicación coa comunidade pesqueira.
O proxecto incluirá tamén a integración de contidos audiovisuais e divulgativos elaborados nos diferentes proxectos promovidos pola Confraría co apoio do GALP, poñendo en valor as artes de pesca tradicionais, as especies pesqueiras locais, a sustentabilidade da actividade e o patrimonio mariñeiro de Burela.
Así mesmo, crearase unha exposición dixital permanente dedicada ás mulleres do mar, destinada a divulgar e recoñecer a súa contribución histórica e actual ao desenvolvemento do sector pesqueiro, promovendo a igualdade de oportunidades e a visibilidade dos oficios tradicionalmente desempeñados por mulleres.
Como complemento, implantaranse códigos QR que permitirán acceder de forma rápida a contidos dixitais, materiais divulgativos e recursos descargables, facilitando a interacción da cidadanía coa plataforma. Finalmente, integrarase nun único espazo toda a información relativa aos proxectos impulsados pola Confraría e polo GALP A Mariña-Ortegal, favorecendo a súa difusión, continuidade e xeración de sinerxías.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.1. Desenvolver un produto pesqueiro de valor a través de melloras produtivas e organizativas no sector e nas actividades mariñeiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

