
ELABORACIÓN RUTAS VIRTUAIS E PROGRAMAS DE DIVULGACIÓN.
Deseño dunha aplicación informática de rutas en realidade virtual de diferentes espazos naturais da contorna de Vilagarcía de Arousa para a súa aplicación en centros de ensinanza, turismo e accesibles a persoas con diversidade funcional. A visita permitirá aos participantes virtuais mergullarse nun percorrido onde atoparán un vídeo explicativo inicial, xunto a unha serie de marcadores que explicaran curiosidades dos sendeiros, como a fauna e a flora, a importancia da formación do litoral, cultura, tradición, pesca, marisqueo, etc.
Unha vez elaboradas as diferentes rutas virtuais preténdese contribuír á conservación e uso sostible destes espazos protexidos e á mellora das aptitudes da súa poboación. Está destinado ao público en xeral (visitantes), persoas con diversidade funcional, centros educativos, etc.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Deseño dunha aplicación informática de rutas en realidade virtual de diferentes espazos naturais da contorna de Vilagarcía de Arousa para a súa aplicación en centros de ensinanza, turismo e accesibles a persoas con diversidade funcional.
Deseño e promoción de roteiros en bicicleta pola contorna de Vilagarcía de Arousa (zonas de costa, monte Xiabre, vía verde, zonas do rural, etc) para poñer en valor o patrimonio cultural, natural e paisaxístico de Vilagarcía e da súa contorna
1.Ser referente dinamizador dos recursos marisqueiros e naturais da zona. 2. Incrementar o turismo mariñeiro e de natureza na localidade de Vilagarcía a través da posibilidade de practicar actividades de lecer. 3. Promocionar actividades deportivas en contacto coa natureza. 4. Ofertar e promocionar actividades turísticas accesibles 5. Emprego de tecnoloxía realidade virtual para o deseño de rutas na natureza. 6. Emprego de bicicletas para a realización de roteiros na natureza. |
RECURSOS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO.
Remolque.
Para o traslado das bicicletas eléctricas, así como para a utilización no traslado de kaiaks cando se complementen os roteiros en bicicleta coa actividade naútica.
Bicicletas eléctricas.
Para a realización dos roteiros pola via verde e os roteiros de costa e e montaña.
Equipamento informático.
Na elaboración das rutas empregarase o seguinte equipamento:
Matterport PRO2
LEIKA BLK 360
Ubicación GPS
Vistas 360 exteriores.
VR system
HDR
Vista Dollhoouse.
Cámara de video 360.
Para a visualización das imaxes virtuais en 360º é preciso o emprego de dispositivos móbiles interactivos:
Gafas 3D en 360 realidade virtual.
Dispositivos mobiles.
Video en tecnoloxía 360.
Elaboración para a divulgación da experiencia turística de imaxes de temática ambiental, paisaxística, cultural, etc., en tecnoloxía 360º para visualización con dispositivo móbil interactivo e gafas 3D. Os vídeos do Tour virtual disporán de botóns de redes sociais e informativos durante os percorridos e vistas en planta 3D.
Divulgación do proxecto.
3. Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático
3.2. Valorizar os espazos naturais a través dun aproveitamento sostible
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)