Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ACERCAMENTO DO SECTOR PESQUEIRO, MARISQUEIRO E ACUÍCOLA AOS CENTROS DE ENSINO PARA O RELEVO XERACIONAL. RELEVO XERACIONAL II

O obxectivo é trasladar ao alumnado dos centros de ensino, de xeito ameno, dinámico e práctico as posibilidades que ofrece o sector pesqueiro pra que sexan sabedores do que deben facer / estudar para entrar a formar parte do sector e constituir o verdadeiro Relevo Xeracional.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
RELEVO XERACIONAL II
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
GALP Ría de Arousa
Datos de interese: 
Outras entidades participantes: GALP A Mariña Ortegal, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Ría de Pontevedra, GALP Ría de Vigo – A Guarda e GALP Golfo Ártabro Sur.
Perfil empresarial: 
Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 3 de agosto de 2016 da Consellería do Mar (DOG nº 166, do 02.09.2016) e a Orde 29 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 3 de agosto de 2016
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
14/06/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
16
Anualidades: 
2021-2022
Data fin de execución: 
31/10/2022
Ámbito de aplicación: 

O proxecto abarca unha ampla zona do litoral galego, con influencia nun total de 58 concellos, integrados en 6 grupos do total dos 8 GALPs existentes na comunidade galega.

Os municipios que forman parte destes 6 GALPs son os seguintes

GALP A Mariña Ortegal: Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño.

GALP Golfo Artabro Norte: Ferrol, Neda, Fene, Narón, Ares, Mugardos, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne.

GALP Golfo Artabro Sur: Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo.

GALP Ría de Arousa: Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Catoira, Rianxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Illa de Arousa, Cambados, Ribadumia, O Grove.

 GALP Ría de Pontevedra: Meaño, Sanxenxo, Marín, Poio, Pontevedra, Bueu

GALP Ría de Vigo – A Guarda: Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, O Rosal, Oia, Baiona, A Guarda.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
86.321,40€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
86.321,40€
Total axuda pública aprobada (€): 
86.321,40€
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
73.373,19 €
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
12.948,21 €
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
as actividades están destinadas tanto a homes como a mulleres, como tamén as posibles saídas profesionais que se amosen. Se fomentan máis actuacións formativas con participación de mulleres: tanto mulleres do sector como mulleres doutros ámbitos.
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Obxectivo xeral:  Trasladar ao alumnado dos centros de ensino, de xeito ameno, dinámico e práctico as posibilidades que ofrece o sector pesqueiro pra que sexan sabedores do que deben facer / estudar para entrar a formar parte do sector e constituir o verdadeiro Relevo Xeracional.

A relación existente co Obxectivo Específico da prioridade 4 no P.O. do FEMP é o fomento do crecemento económico que se pretende acadar tendo xóvenes máis capacitados e mellor preparados para aportar e incorporarse ao Sector Pesqueiro. 

Obxectivos específicos:

  1. Posta en valor do sector pesqueiro entre a comunidade escolar en idade de traballar e/ou escoller estudos superiores.

  2. Valorización do sector en termos económicos, dando a coñecer a demanda real existente para diferentes postos de traballo no mar e dando a coñecer as saídas profesionais existentes no mesmo.

  3. Ofrecer unha formación máis cuantitativa, que pretende achegar a realidade do sector pesqueiro en termos de oportunidades laborais, a fin de captar persoas que conformen ese Relevo Xeracional.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  1. Un maior nº de persoas en idade de traballar e/ou escoller estudos superiores con máis información sobre os recursos, ferramentas e oportunidades que o sector ofrece.

  2. Un maior nº de centros educativos con información actualizada sobre as saídas profesionais do mar e os recursos e ferramentas que ofrece.

  3. Un maior nº de profesionais da orientación con materiais informativos e divulgativos actualizados cos que poden mellorar a súa orientación de cara ao alumnado que amose interese no sector.

  4. Un maior nº deideas de proxectos a través do Manual de Boas Prácticas.

Principais actividades do proxecto: 
  1. Captación, traballo de campo e visitas e entrevistas previas.

  2. Acto de Presentación e Acto de Clausura para presentación de resultados.

  3. Sesións nos centros de ensino, visitas e embarques.

  4. Actuacións para publicidade e comunicacións do proxecto.

  5. Deseño e elaboración de Manual de Boas Prácticas.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 
--

 

 
Obxectivo específico da EDLP: 
--
Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)