Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ACTIVIDADES MEDIAOMBIENTÁIS EN AROUSA SUR

Actividades medioambientais

Continuando coas actividades medioambientais programadas para o territorio da Arosa Sur, hoxe 20 escolares de 4º da ESO, do IES Illa de Arousa, participaron nunha xornada de sensibilización ambiental no centro escolar para posteriormente levar a cabo unha actividade de limpeza nunha das praias do concello.

Trátase dunha iniciativa ambiental impulsada polo Grupo de Acción Local Pesqueiro de Arousa (GALP). O proxecto denominado "Un futuro Sostible para a nosa Ría" busca concienciar aos máis pequenos da necesidade que existe nunha ría como a de Arousa de coidar o litoral mariño.

As actuacións que leva a cabo o GALP buscan non só propiciar o desenvolvemento da zona na que se atopa asentado, senón tamén favorecer a creación de dinámicas que permitan a posta en valor do territorio entre os habitantes do mesmo e a potenciación dos recursos naturais.

A Ría de Arousa caracterízase pola diversidade de paisaxes e hábitats que alberga: praias de area fina, lagoas costeiras, dunas móbiles e fixas, desembocadura dos ríos Ulla e Umia, marismas, cantís, bosques litorais, etc,. Esta heteroxeneidade paisaxística tradúcese nunha impresionante biodiversidade repartida ao longo de toda a costa. Además cada un deles propón diferentes ecosistemas e formas de vida distintas nos seres que os compoñen. Estes ecosistemas están atravesando un momento crucial debido ao deterioro que están sufrindo nos últimos tempos, sobre todo pola acción do ser humano. O GALP Ría de Arousa pretende mellorar as condicións do seu territorio e da súa poboación, revitalizando ao sector pesqueiro e marisqueiro e preservando o equilibrio medioambiental da Ría. Con este motivo propón a realización de actividades enmarcadas no proxecto "Actividades medioambientais en Arousa Sur. Un futuro sostible para a nosa Ría".

Dentro dos obxectivos que se perseguen están entre outros:

1. Dinamizar o GALP Ría de Arousa e as súas estratexias

2. Coñecer o entorno natural da Ría de Arousa.

3. Coñecer a evolución e a historia da Ría de Arousa.

4. Fomentar a protección do medio natural.

5. Coñecer os impactos ambientais que afectan a estes ecosistemas.

6. Coñecer e divulgar o traballo das mariscadoras, mariscadores, pescadoras e pescadores.

7. Coñecer e divulgar a cultura das vilas mariñeiras. Aspectos culturais asociados.