
O proxecto Bitácoras do Mar permitirá coñecer os logros acadados polos GALP na aplicación das Estratexias Desenvolvemento Local Participativo, e a súa contribución ao desenvolvemento das zonas costeiras e á promoción de iniciativas ligadas ao crecemento azul.
A fase inicial de Bitácoras do Mar céntrase na posta en valor daqueles proxectos significativos e que son considerados “boas prácticas” e referentes de iniciativas nos territorios costeiros. Para iso, lanzamos o concurso no que o público pode participar na elección da iniciativa que considera máis destacable.
Bitácoras permitirá coñecer con detalle os proxectos, pero tamén ás persoas e entidades que os puxeron en marcha e poderemos afondar nas características ou criterios que fan que as iniciativas elixidas destaquen pola súa singularidade e valor diferencial en relación aos obxectivos da economía azul.
Podes participar do concurso premendo nos seguintes enlaces:
GALP GOLFO Artabro NORTE > https://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP2
GALP Golfo Ártabro Sur > https://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP8
Galp Costa Sostible > https://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP4
Galp Ría De Arousa > https://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP5
GALP Ría de Pontevedra > https://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP6